Os ríos mariñáns acusan o abandono rural, as plantacións e a contaminación difusa

O presidente da sociedade de pescadores do Masma pide respecto nos 30 metros das ribeiras

PRESIDENTE DE LA SOCIEDAD DE PESCADORES  A CAZOLGA DE LOURENZA JUNTO A LA ESTATUA DE HOMENAJE AL PESCADOR EN MASMA- FOTO JM ALVEZ
photo_camera Auditor Rodríguez Lombardía, xunto ao monumento da Cazolga, en Lourenzá. JOSÉ Mª ÁLVEZ

Os ríos mariñáns seguen con graves problemas de fondo, identificados fai moito pero pendentes de solución: contaminación, plantacións abusivas, abandono nas ribeiras e baixos caudais no verán que impiden unha axeitada reprodución dos peixes. Varias asociacións tratárono coa Consellería de Medio Ambiente nunha recente reunión telemática. "Ainda así, somos optimistas e colaboramos coa consellería pero a baixa piscícola é grande", di Auditor Rodríguez Lombardía, presidente da asociación de pescadores Río Masma, quen confirma a decadencia en canles como o do afluente Baos, moi troiteiro, e que xa non atrae a afeccionados como antano.

"A temporada pinta moi ben", resalta, "sempre temos moita ilusión pois os ríos agora van moi ben de auga, anque logo comprobemos que a cousa non mellora pois a contaminación e as plantacións achican as fontes e regos, e ao ir máis baixos no verán, coas altas temperaturas da auga os peixes non se reproducen ben".

Sobre a contaminación, aparte de que as ribeiras continúan cheas de plásticos e outros lixos, no de cortar os verquidos de químicos, pouco se adianta: "Temos mandado fotos á gardaría fluvial dos espumadoiros, de baixar o río blanco, que poderían seguir ata a orixe; é un problema que de repetirse os verquidos de deterxentes ou pesticidas que se botan, mata a cría dos ríos", indica Rodríguez.

Tamén estima moi grave, en ríos mariñanos e doutros lados, as plantacións de eucaliptos que non respectan a normativa: "O eucalipto plántase moi cerca dos ríos e non hai máis que ver os pozos e criadoiros cubertos cun manto de follas de eucalipto; haberá que tomar medidas para que se respecten os 30 metros". Coas plantacións e obras civiles de estradas xa desapareceron manantiais e regos que eran o sustento da cría da troita e según pescadores de Lourenzá, é momento de tomar decisións para non arruinalo todo.

Segue sendo polémica a falta de limpeza das ribeiras, que nota moito o abandono do rural porque agora non hai quen aproveite a leña. "Houbo anos que prohibiran limpar e abandonouse tanto que hoxe hai tramos que son unha selva onde non entra o sol en todo o ano. A metade da vexetación na beira do río sobraba pero o rural está quedando sen xente", indica o directivo mariñano.

Ás sociedades colaboradoras compénsanlles agora cos prezos dos coutos a xestión nos ríos pero vense sen recursos. Ás veces sobran máis do 60% dos permisos. "Ao fi nal a limpieza de marxes e camiños supón unha gran carga para os catro amigos que somos e o investimento de pagar a unha xente non o cubren os coutos", sinala. A pesca sen morte tamén se prima pero ven inxusto limitar ao pescador de sempre na ribeira coa miñoca. "Ninguén vai agora encher o cesto, a extracción que facemos é mínima respecto á do cormorán río arriba", din.

"Hoxe vas pasar o rato na natureza"
"Temos que ser optimistas e colaboramos nas melloras dos ríos", di Auditor Rodríguez, que ve Asturias algo máis adiantada en conservación pero tamén con problemas. El empezara de troiteiro sendo neno cando o tío o levaba a Fórnea, nun rego corto do río Grande en Barreiros. "Levábamos troitas en caldeiros dende zonas sen osíxeno para liberalas en pozos grandes e que non morresen coa seca, esa era a mentalidade do pescador de toda a vida", di.
80 son os socios de hoxe en día na asociación de pescadores do Masma, que chegou a ter 300. Apenas hai relevo xeracional: "Se levas un rapaz ao río e non ten picada, non volve; hoxe non se vai ao río para comer, vas pasar o rato na natureza, e tomar un pincho cunha cervexa, pero se non hai peixe tampouco é maneira", di Rodríguez.
No Masma este ano só haberá dous meses de pesca do salmón, maio e xuño, perdendo xullo. Para a troita e o reo a temporada pechará o 31 de xullo e antes era ata setembro.

Comentarios