Ribadeo acondiciona dous vestiarios na Casa das Algas

As instalacións quedarán así mellor axeitadas para as rapazas e rapaces que practican alí o remo

David Rivas. AEP
photo_camera David Rivas. AEP

O Concello de Ribadeo sacou a licitación as obras de acondicionamento interior de dous vestiarios na Casa das Algas. O investimento ascenderá a uns 60.000 euros e o prazo de execución será de 3 meses.

O concelleiro de Deportes, David Rivas, agarda que no outono poidan ser unha realidade da que se beneficiarán todos os nenos, nenas e rapaces que practican o remo en Ribadeo.

Comentarios