A residencia Betania de Viveiro suma o seu cuarto usuario positivo

Este caso foi derivado á residencia Porta do Camiño de Santiago
Residencia Betania de Viveiro. GOOGLE MAPS
photo_camera Residencia Betania de Viveiro. GOOGLE MAPS

O último balance da Consellería de Política Social contabiliza un novo caso de Covid-19 entre os usuarios da residencia Betania de Viveiro, polo que suma catro. Este último usuario foi derivado, ao igual que outro na semana anterior, á residencia Porta do Camiño de Santiago de Compostela, onde a Xunta centraliza os casos que non requiren hospitalización nas persoas da terceira idade.

Outros dous afectados estaban no Hospital da Mariña, onde un deles, de 87 anos, faleceu.

No asilo viveirés tamén dera positivo unha relixiosa, que se atopa en aillamento.

Comentarios