sábado. 17.04.2021 |
El tiempo
sábado. 17.04.2021
El tiempo

Renfe reclama a un conductor 30.000 euros ao caer o seu coche á vía e abandonalo

Foto de arquivo dun convoy de Feve nunha estación. AMA
Foto de arquivo dun convoy de Feve nunha estación. AMA
O tren levou por diante o vehículo ao seu paso por Burela, á altura da Marosa

O fiscal solicita para un conductor bébedo por un delito contra a seguridade vial nove meses de multa con cota diaria de seis euros e dous anos sen conducir, logo de saírse da estrada na Marosa, caer á vía férrea e non avisar, polo que un convoi pasou por riba do seu coche. Ademais, pide que xunto coa aseguradora indemnice a Renfe coa cantidade de 30.679,48 euros e intereses.

Os feitos ocorreron o 23 de setembro de 2018 ás sete menos cuarto da mañá cando circulaba polo quilómetro 2,2 da estrada LU-P-1510 de San Cibrao a Burela, á altura da Marosa, logo de inxerir bebidas alcólicas. Isto fixo que se saíse da vía pola marxe dereita e se despeñase volcando entre o canal de desaugamento da vía férrea e o noiro. O home ausentouse sen comunicar o que pasara, polo que un convoi de Feve que circulaba sen pasaxeiros e cuxo maniquinista saíu ileso arrolou o coche.

Nas probas de alcoholemia deu positivo, con 0,63 e 0,69 miligramos de alcohol por litro de aire espirado.

Renfe reclama a un conductor 30.000 euros ao caer o seu coche á vía...