miércoles. 15.07.2020 |
El tiempo
miércoles. 15.07.2020
El tiempo

Néstor Rego ve como "única alternativa" para Alcoa a súa nacionalización

Un momento do acto en Viveiro TWITTER (@bngcongreso)
Un momento do acto en Viveiro TWITTER (@bngcongreso)
O deputado do BNG volveu de Madrid para acudir en Viveiro ao seu primeiro acto público en Galicia

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, defendeu que a "única alternativa" para resolver a situación de Alcoa é a súa nacionalización e considerou "sorprendente que tanto o Goberno central como a Xunta non pasen das declaracións aos feitos", agora que a dirección anunciou que o 25 inicia o procedemento formal para despedir a 534 traballadores.

No seu primeiro acto tras regresar de Madrid, onde permanecía debido á situación de crise sanitaria, resaltou que o peche da planta de aluminio afectará tamén ás empresas auxiliares.

Rego estivo nun acto do BNG en Viveiro no que tamén estiveron presentes a responsable comarcal da formación, Ana Ermida; o número dous por Lugo ao Parlamento de Galicia, Dani Castro; e a concelleira en Viveiro Míriam Bermúdez. No evento lembrou que a planta de aluminio xa foi pública e "no seu día foi privatizada polo PP", con José María Aznar no goberno.

"Foi, evidentemente, un erro porque estamos a falar dun sector estratéxico para a economía", sinalou. Recuperar esas empresas de sectores estratéxicos "que nunca deberon ser privatizadas", afirmou o deputado, é "un obxectivo do BNG". O peche de Alcoa "sería un duro golpe" para a comarca da Mariña "neste contexto de crise social e económica" a causa do coronavirus.

Rego reivindicou que presentou propostas en Madrid para que interveña o Goberno central e avanzou que a próxima semana interpelará á ministra de Industria para que aclare como prevé proceder neste caso. "Sobre todo cremos que é a loita dos traballadores a que desbloqueará unha solución", dixo.

O cambio político é "absolutamente necesario" en Galicia para acabar coa crise social, económica e industrial "tan grave" e que xa se deixaba notar antes do coronavirus, que a agravará. "Só un goberno do BNG que poña os intereses de Galicia por diante, que defenda a capacidade para que o noso país poida decidir soberanamente sobre os seus propios asuntos pode realmente cambiar as cousas", reivindicou.

Néstor Rego ve como "única alternativa" para Alcoa a súa...
Comentarios