Retómase a actividade nas obras de ampliación do Hospital da Mariña

O tránsito dos traballadores faise de maneira independente á do persoal e pacientes do centro
Traballos no Hospital da Mariña, en Burela. AMA
photo_camera Traballos no Hospital da Mariña, en Burela. AMA

As obras de ampliación do Hospital da Mariña, en Burela volven estar en marcha despois de permanecer paradas nas últimas dúas semanas. Así o comunicaron este martes dende a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, dende onde tamén precisaron que para retomar a actividade, "independizouse o tránsito da obra das circulacións de persoal e pacientes do hospital". 

Nesta actuación, a meirande parte dos traballos xa están rematados e en servizo, coma a área de hospitalización e rehabilitacion. Só resta unha parte da reforma interior, especialmente a tocante ao servizo de diálise. 

Prevese que os traballos estén rematados antes do verán. 

Comentarios