O rapaz de Ribadeo que resultou ferido de gravidade no accidente acontecido o pasado día 1 no concello de Xove continúa ingresado na Uci do Hula e o seu pronósito continúa a ser grave.
Este mozo era o que conducía o automóbil que sufriu o accidente no que morreron catro rapaces.
Segundo explicou o pasado martes o director da DGT, Pere Navarro, só dous dos seis ocupantes do vehículo levaban posto o cinturón de seguridade. Un deles foi o mozo que saíu "ileso" e o outro, un dos catro falecidos.
O xulgado de Instrución número 2 de Viveiro, en funcións de garda, abriu dilixencias polo accidente e, segundo confirmaron fontes xurídicas, autorizou a remisión de mostras de sangue tomadas ao condutor do vehículo a un laboratorio para realizar as probas de alcohol e drogas.