sábado. 25.09.2021 |
El tiempo
sábado. 25.09.2021
El tiempo

¿Quen dixo que non había Entroido?

Disfraces en Viveiro. JOSÉ Mª ÁLVEZ
Disfraces en Viveiro. JOSÉ Mª ÁLVEZ
Algúns concellos optaron por trasladar ás redes sociais os tradicionais desfiles

Entroido ten que haber, aínda que sexa doutro xeito. É unha das primeiras festas do ano e cunha fonda raigame en Galicia, por iso nalgúns concellos da Mariña a festa trasladouse ás redes sociais con concursos que sustitúen aos tradicionais desfiles que dende o pasado sábado, co de Foz, ao vindeiro día 27, cando debería ser en Trabada, se sucederían pola comarca.

En Foz, unha das localidades con maior tradición e co desfile máis grande da comarca, trasladaron ese espírito aos escaparates da vila que locen os disfraces que noutros tempos recorreron as súas rúas. Ademais hoxe mesmo o Concello emitirá a través da súa canle de Youtube o vídeo Escaparates Entroido 2021, realizado por Pablo Cid. "A iniciativa de engalanar os escaparates da vila cos traxes do noso Entroido xurdiu duha proposta de Olalla Rodríguez da comparsa As Trouleiras e foi un auténtico éxito", explicou a concelleira de cultura, Inés López Couto.

Este último vídeo súmase aos que xa se estrearon en días pasados: Al flojo vivo dos Moletes; Entroido de Foz edición 39 e 3/4 e Unha historia do Entroido de Foz de Pablo Cid. Para seguir sumando este luns tamén houbo un baile do farolillo caseiro no que os bailaríns puideron subir ás redes os seus vídeos.

VECINO DE FOZ MIRA LOS DISFRACES DE CARNAVAL EXPUESTOS EN EL ESCAPARATE DE LA TIENDA VAGALUME- FOTO JM ALVEZ

E para lembrar que o espírito segue vivo tamén en moitas fiestras do pobo penduran as bandeiras doutra comparsa mítica focense, Sin Xeito.

Foz non é o único sitio onde queren lembrar o Entroido. En Viveiro, o prazo para presentar os vídeos ao Entroido na casa, verán na praza? (Fagámolo posible) remata na medianoite deste martes. A convocatoria dixital do Concello xa recibiu 28 traballos, que poden verse na páxina www.viveiroentroido.com. A concelleira de cultura, Lara Fernández, recoñece que "la gente se animó, tenemos casi 30 participantes de Viveiro y de fuera, los vídeos son entretenidos, van desde miniobras hasta cuentos o bailes y humor". O público votará polos máis orixinais e os máis humorísticos entre o mércores e o venres, e un xurado elixirá ao resto de premiados. Os gañadores coñeceranse o sábado e levarán vales de compra para canxear no comercio e na hostalaría locais, que se poderán gastar nos vindeiros tres meses.

Na cidade do Landro poden verse tamén estes días disfraces percorrendo as rúas, sobre todo, os máis pequenos e onte mesmo en África Copias, as súas dependentas atendían disfrazadas para non esquecer este tempo.

En Xove apostaron por unir Entroido e covid nun concurso de disfraces a través de fotografías relacionado coa pandemia. En Mondoñedo tamén se convocou un concurso dixital.

¿Quen dixo que non había Entroido?
Comentarios