¿Qué fue de... Xosé Durán?

Foi na lista do Bloque no 2007 e di que quedou co mal sabor de boca dos resultados e co bo polo trato que recibiu dos veciños
Xosé Durán. EP
photo_camera Xosé Durán. EP

O Concello de Xove é o que manexa un presuposto máis alto de todos os da Mariña en relación ao seu número de habitantes. Este dato estatístico hai que aclaralo cando se fala do traballo que Xosé Durán fixo no BNG nese Concello: "Quedoume a sensación de que traballar na oposición en Xove é complexo. Empezamos cun só concelleiro, e malia que me consta que a maioría da xente tiña un bo concepto de nós e do que faciamos, chegaba a hora de votar e atopabámonos co problema de que se votaba en masa ao Partido Popular así que che quedaba a sensación de estar chocando contra un muro". Di que iso é algo que pasa cando "todas as carencias do goberno municipal se tapan con cartos".

Por iso, aínda que os resultados non fosen os mellores, Durán non dubida en cualificar o seu paso pola política local de "moi positivo, porque aprendes moitas cousas e tamén porque teño que dicir que a miña relación coa veciñanza de Xove foi excelente a nivel persoal. E penso que tamén a dos meus compañeiros do partido".

Cousa diferente foi a experiencia interna "onde moitas veces te sentes desprotexido porque eles (o PP) simplemente se dedicaban a pasar o rodillo ante calquera cousa que se propuxese".

Xosé Durán
Xosé Durán

Asegura que no tempo que estivo de concelleiro viu "cousas incribles. Mesmo en selección de persoal vin xente que en temas de socorrismo non superaba as probas físicas e entraban, e rapaces do Club de Natación que as superaban sen problemas quedaban fóra, ata o punto de que logo aos que entraron houbo que sacalos da praia. Eran cousas que eu non podía entender e que se deron aquí".

Por iso di que cando pasaban cousas así "sénteste desilusionado e algo frustrado", pero ao mesmo tempo "eu e os meus compañeiros loitamos polo noso concello e tanto na miña época como agora vexo que se fai un gran traballo día a día buscando o mellor para Xove".

Tamén destaca ese paso pola política como "moi importante a nivel persoal" e pensa que é unha loita que debe seguir "porque vemos como se está a marchar do noso país unha xeración de xente moi ben formada. Esa é unha lacra que está aí e é unha historia que non é nada gratificante para min en particular: ver como a xente ten que emigrar outra vez. Eso a min prodúceme un desgusto moi fondo e moito pesar. Iso tamén me desilusiona moito e habería que traballar a fondo para evitalo, e é xa moi evidente que o PP non o fai".

Agora Xosé Durán retomou a súa vella afección polo debuxo 2que foi algo que sempre me encantou. Retomeino despois dunha cea que fixemos os que estabamos nun colexio en Carabanchel e que nos volvemos xuntar. Fago óleo e carboncillo e para min é algo importante e moi gratificante, a verdade".

Comentarios