O PSOE de Ribadeo denuncia que o Sergas non cobre a praza de pediatría a tempo completo

Sinala ademais o facultativo encargado de substituir ao médico de baixa carece da especialidade do posto

Mostrador do centro de Saúde de Ribadeo.AMA
photo_camera Mostrador do centro de Saúde de Ribadeo.AMA

Os socialistas de Ribadeo denuncian nun comunicado que o centro de saúde da localidade leva dúas semanas sen pediatra porque o Sergas non cobre a tempo completo unha baixa por enfermidade.

O grupo local sinala que actualmente hai un substituto que non é especialista en pediatría e que tan só vén "algún día á semana" para dar servizo a 1.300 nenos que teñen esta como a súa consulta de referencia, o que xenera unha longa lista de espera.

O PSOE censura que non se atenda aos nenos en urxencias polo que os pais téñennos que costearse as consulta levando aos nenos a especialistas particulares.

A candidata do PSOE á alcaldía de Ribadeo, Marta Rey, subliñou que "os veciños non estamos recibindo a sanidade que nos merecemos, que non é outra, que un servizo público, gratuíto e de calidade" e culpa aos "continuos recortes na Xunta de Galicia" da situación, así como sinala que "o Partido Popular non fai nada por atallar o problema", según sinala o texto dirixido aos medios.

Así, Rey esixe ao Sergas que cobra "de inmediato" a praza e pídelle "máis respecto polas familias da Mariña". 

Comentarios