A promoción da Festa do Melindre de Melide recala en Foz

Impartiuse unha masterclass de repostería no IES e patrocina o campionato de baristas
Masterclass, en Foz. EP
photo_camera Masterclass, en Foz. EP

A campaña de promoción da Festa do Melindre de Melide chegou a Foz, onde este mércores se impartiu unha masterclass de repostería tradicional no instituto dirixida ao alumnado do ciclo medio de Cociña e o superior de Dirección de Cociña a cargo do presidente da asociación Melide Terra Doce, Alberto Rodríguez.

A actividade forma parte da promoción que o Concello melidense fai previamente ao campionato internacional de baristas, que se celebra a vindeira semana, e da que a Festa do Melinde é patrocinador. Durante este evento poderanse degustar melindres. "O multievento internacional de Foz é o principal campionato da península, do que saen os mellores baristas", indican dende a organización da cita.

O Concello de Melide continúa así neste mes de febreiro coas súa campaña de promoción da 31º Festa do Melindre, que se celebrará o 13 e 14 de maio na localidade coruñesa.

Comentarios