Produart é mostra de calidade

Comerciantes e artesáns de distintos puntos de Galicia e de España participan na feira de produtos artesáns e ecolóxicos de Burela, un escaparate para os artigos máis tradicionais
undefined
photo_camera Algúns dos primeiros visitantes achegándose o recinto. PALEO

A vixésima edición da feira de produtos artesanais e ecolóxicos, Produart, deu comezo este venres en Burela e estará aberta ata o domingo na nave de redes do peirao. No pregón inaugural, os representantes políticos destacaron a importancia da ecoloxía para poder manter unha boa relación co mar e deixarlle un bo legado ás xeracións vindeiras e deron unha volta polo recinto feiral, xa aberto ao público.

undefined
Algúns dos primeiros visitantes achegándose o recinto. PALEO

Algúns expositores, dos 44 que hai este ano, repiten. Un exemplo é Ana Jiménez, que vén de Ourense. Ana xa veu antes da pandemia e tivo moi boa experiencia, tanto coa organización como coa resposta da xente cos seus produtos. O primeiro ano veu cunha proposta de galletas veganas que gustaron moito. No seu obradoiro vende repostería feita con materias primas galegas como pode ser a manteiga de vaca. "Intentamos mezclar tradición con lo que ahora está más de actualidad y sobre todo promocionar la materia prima gallega". Desta materia prima, manteiga de vaca, están feitas algunhas das galletas que trae a Produart: "La manteca de vaca es una grasa que antiguamente se usaba mucho porque es de muy buena calidad y está en desuso o la que tenemos la exportamos y la vendemos toda para fuera". A maioría dos produtos están feitos desta manteiga tradicional que está en consonancia cos valores ecolóxicos e tradicionais que defende Produart.

undefined
Algúns dos primeiros visitantes achegándose o recinto. PALEO

O bonito é outro dos referentes de Burela e non podía faltar nos expositores da feira. Nieves é unha das socias y fundadoras de Conservas Currimar, que son asiduas en Produart. Para Nieves e a súa socia é case obrigatorio estar en Produart e máis sendo de Burela. "Es una oportunidad excelente habiendo tal cantidad de turistas y gente que viene a la Feira do Bonito", asegura Nieves, que está convencida de que todas as feiras deste tipo axudan dun ou doutro xeito, por iso veñen dende que montaron a súa conserveira hai xa dez anos. Nieves fala por todos cando asegura que "hemos cogido esta feria con muchas ganas y alegría de poder volver a estar".

Pilar, de Pilar Piñeiro Diseño Artesanal, é tamén unha asidua, xa que vén dende 2017. Pilar está convencida de que é un bo escaparate para os seus produtos xa que "sino no volvería". Este ano as previsións non son tan boas coma noutas edicións, xa que inflúen moitos factores, pero espera que se manteña o nivel doutros anos.

En Produart tamén hai espazo para a xente da Mariña que vén por primeira vez, como é o caso da asociación de Saúde Mental da Mariña con María José Novoa, a súa xerente, ao cargo. Na súa estrea quixeron pisar forte para deixar pegada e veñen con varios proxectos.

Feira do Bonito: a cita coa gastronomía da fin de semana
A Feira do Bonito arrancou este sábado ás dúas da tarde co nomeamento do Asador Maior e a Colaboradora de Honra. Seguidamente, Martiño Suárez Fraga lerá o pregón e o reparto de racións comezará ás dúas e será durante todo o día.

3.500 quilos

Serviranse entre os asistentes en tapas de salpicón e racións de bonito cocido, asado, á grella e en empanada.

Domingo

Será a entrega de premios do concurso Amarte. A partir da unha e media da tarde poderase degustar marmitako de bonito e haberá sesión vermú.

Comentarios