miércoles. 08.12.2021 |
El tiempo
miércoles. 08.12.2021
El tiempo

Preocupación porque San Roque non estea lista para a festa indiana

Obras na rúa San Roque de Ribadeo. PRESNO (AMA)
Obras na rúa San Roque de Ribadeo. PRESNO (AMA)

O PP critica a lentitude das obras da rúa con máis pasado de ultramar de vila e tamén hai veciños que dubidan da súa finalización en 15 días

RIBADEO. Na localidade ribadense preocupa a marcha das obras de remodelación dunha das arterias principais da vila como é a de San Roque. O presidente da agrupación local do Partido Popular, Jesús López Penabad, dubida de que esta vía, con numerosas casas de principios do século XX con arquitectura de ultramar, vaia estar rematada para a celebración da festa indiana que terá lugar entre o 6 e o 8 de xullo.

O alcalde, o nacionalista Fernando Suárez, tiña a intención de tela rematada para a festa, aínda que nunca estableceu un prazo completamente seguro. Hai veciños que pensan que se abrirá para esta efeméride sen que estea rematada por completo. Pero polo momento desde a alcaldía non houbo resposta sobre este asunto.

Para os populares, se a rúa non está lista en perfectas condicións para o Ribadeo Indiano -a festa de época de ultramar que vive a vila cada ano- será culpa «da mala planificación do equipo de goberno municipal».

Penabad recoñece que as obras sempre son molestas e máis cunha actuación de tal calado, pero «a tan só 15 días da celebración do Ribadeo Indiano hai serias dúbidas sobre se vai estar lista».

Comparou esta actuación con outra de Foz, «onde están arranxando a rúa principal e vai a bo ritmo. Sen embargo a nosa vese bastante verde e dubidamos que estea lista no prazo previsto».

Penabad culpa ao rexedor de ter anunciado a obra «hai moito tempo, pero tela empezado, nembargantes, hai pouco».

A rúa forma parte da ruta indiana pola vila, pero non é a única onde se pode contemplar o seu legado a nivel arquitectónico. Mesmo o expoñente principal é a Torre dos Moreno que está no Cantón.

VISITAS. Por outra banda, a oficina de turismo abriu o prazo de inscrición para visitar a casa indiana de Rinlo do benefector coñecido por don Inocencio.

O sábado día 7 de xullo, en plena festa indiana, vaise poder visitar esta edificación ás once da mañá, ás doce e tamén ás cinco e ás seis da tarde. É necesario formalizar unha reserva chamando ao teléfono 982.12.86.89.

Preocupación porque San Roque non estea lista para a festa indiana
Comentarios