Pratos rotos e roupa interior para protestar polas restricións á hostalaría en Viveiro

Denuncian que o Goberno lles deixou "en bragas" e que pagan cada vez que hai un brote porque son "sempre os sinalados" 
photo_camera Los hosteleros de Viveiro continúan con sus movilizaciones. Este jueves participaron en una concentración en la Praza Maior en la que denunciaron que siguen siendo "los que pagan los platos rotos" en cuanto a las restricciones de la pandemia y, para simbolizarlo, rompieron platos contra el suelo. "Todas estas acciones se realizan para reivindicar que lo único que quiere el sector hostelero es trabajar y con las limitaciones y trabas que les siguen poniendo no lo pueden hacer", dicen desde las asociaciones impulsoras, Centro Comercial Histórico y Beiras de Viveiro.

Pratos rotos e roupa interior serviron aos hostaleiros de Viveiro para protestar contra as restricións impostas polas autoridades sanitarias nestes establecementos para tratar de evitar contaxios de coronavirus. 

A Asociación de Hostalaría e comercio Beiras de Viveiro convocou esta nova mobilización xa que, na actualidade, con case toda Galicia en niveis mínimos de incidencia da covid, esta localidade continúa con restricións debido aos seus datos.

Os hostaleiros colgaron bragas e romperon pratos na Praza Maior en defensa do traballo no seu sector. Neste lugar concentráronse varios hostaleiros após un valo na que colgaron bragas e calzóns.

Denuncian que o Goberno lles deixou "en bragas" e que pagan "os pratos rotos" porque cada vez que hai un brote son "sempre os sinalados".

En declaracións a Europa Press, o portavoz da asociación, Domingo González, explicou que volveron a sacar todo o seu mobiliario á rúa con letreiros de 'véndese' porque non lles deixan utilizalo e puxeron carteis de 'traspásase' nos locais porque "non son rendibles".

"A iso hoxe engadimos que colgamos, cun peculiar tendal, roupa interior onde temos bragas, calzóns... Dicíndolle ao goberno que así nos quedamos: en bragas", resaltou.

Ademais, criticou que as axudas que reciben os hostaleiros son "ridículas" e "non chegan para nada", tendo en conta os custos aos que deben seguir facendo fronte.

APOIO "TOTAL". Pola súa banda, agradeceu o apoio "total" de veciños e colectivos, non só de hostalaría, e avanzou que seguirán protestando, ante o "medo de que se hai rebrote, volvan pechar".

"Os contaxios non están na hostalaría, e somos sempre os sinalados", puntualizou, antes de apuntar ao final de curso e as "ceas e botellóns". 

Comentarios