O PP de Lugo acusa os alcaldes socialistas da Mariña de "mentir" sobre a planta de Altri

Os populares lamentan que os rexedores vexan "unha mala noticia" a instalación da fábrica na provincia: "Que opinará o PSdeG?" 
Terrenos sobre los que se construiría la factoría de Altri. VICTORIA RODRÍGUEZ
photo_camera Entorno de la Finca Rioseco, el emplazamiento más probable para la planta de Altri. VICTORIA RODRÍGUEZ

O PP provincial de Lugo acusa de "mentir" e "xerar confusión e malestar" aos alcaldes socialistas da Mariña, que avanzaron que iniciarán protestas para pedir que a fábrica de fibras téxtiles que Altri situará en Palas de Reis se emprace na súa comarca. 

Un dos argumentos dados polos rexedores é un acordo unánime do Parlamento galego –en forma de proposición non de lei rexistrada polos populares– do pasado mes de abril que demandaba que a planta se construíse "preferentemente" na Mariña, segundo o matiz introducido polo PSdeG cunha transacción. 

Con todo, tal e como lembra o PP de Lugo, o texto puntualizaba que se "criterios técnicos" non o avalaban, a factoría se situase "en todo caso na provincia de Lugo". 

Por iso, os populares aseguran que os socialistas "menten cando din que o Parlamento galego e a Xunta non cumpriron o seu compromiso, cando o certo é que a localización finalmente elixida pola empresa" é a provincia lucense. 

"Non era posible falar dunha localización final da fábrica ata que a empresa fixese o seu estudo de viabilidade", alega o PP, posto que a compañía portuguesa, tal e como explicou a súa CEO este martes, José Soares de Pina, avaliou 46 localizacións por toda Galicia.

VENO "UNHA MALA NOTICIA". Así, o PP de Lugo lamenta que os rexedores socialistas da Mariña "decidisen ver como un problema e unha mala noticia" este "gran proxecto" para a provincia "e, por suposto, para esta comarca". 

"É o mundo ao revés, porque esta iniciativa suporá novas oportunidades para esta comarca: permitirá consolidar e facer crecer un sector estratéxico como é a industria forestal", recalcan os populares. 

Con esta actitude, denuncia o PP nun comunicado, os alcaldes da Mariña "parece que o que buscan é que finalmente non se leve adiante este proxecto" que levará un investimento de 800 millóns de euros e xerará 2.500 empregos directos e indirectos, segundo adiantou o CEO de Altri tras reunirse o martes co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. 

Así a todo, o PP pregúntanse "que opinarán" os socialistas de Palas de Rei, os da comarca da Ulloa e a dirección do PSdeG, cando "todos coincidiron en aplaudir o proxecto e avalan a localización escollida pola empresa por criterios absolutamente técnicos". 

Más en A Mariña
Comentarios