jueves. 29.07.2021 |
El tiempo
jueves. 29.07.2021
El tiempo

A Pontenova conta cunha nova ruta vinculada á senda verde

Rutainternet
Un tramo da ruta. F. BOUZA
A verea sobe paralela ao rego que separa Galicia de Asturias ata o antigo muíño da aldea de Figueirúa

O discorrer paseniño do rego que separa Galicia de Asturias, concretamente aos concellos da Pontenova e San Tirso, é o son que acompaña ao camiñante na nova senda que se está rematando de acondicionar no concello pontenovés. Dende a senda verde que segue o percorrido do antigo tren mineiro que transportaba o ferro dende A Pontenova ata Ribadeo parte unha verea de algo máis de dous kilómetros que leva ata o antigo muíño da aldea de Figueirúa. Sempre pegada ao rego que acaba o seu discorrer no Eo e nunha subida constante a ruta do Muiñeiro Namorado adentra ao camiñante nunha paraxe idilíca onde o tempo parece deterse, Onde noutrora houbo prados de regadío que se alimentaban do rego, agora só queda unha paisaxe de ribeira con árbores autóctonas que sumerxe a quen se adentra nela noutro mundo. 

No paseo tamén se atopan outros muíños feitos para aproveitar a auga, que en parte do seu recorrido forma pequenos saltos que aumentan a súa beleza. Tamén se poden ver restos das antigas presas feitas para que os prados deran herba todo o ano e no seu tramo inicial, desviándose un pouco do percorrido trazado, ademais doutro antigo muíño pódese ver unha das magníficas pontes feitas para que a vía do tren salvara o desnivel .  

Á ruta orixinal, o camiñante pode sumar outra circular que o leva a atravesar a aldea de Figueirúa e seguir por pistas forestais e unha carretera de asfalto para poder ver a entrada do que foi unha cata que fixo a sociedade mineira que explotaba as minas de ferro de Vilaoudrid, aínda que nunca se chegou a sacar material. Dende ese punto por antigos camiños volveríase ao muíño. Este traxecto converte a ruta en circular e fará recorrer uns oito kilómetros en total ata volver ao Cairo, aínda que nesta último traxecto perde parte do seu encanto ao deixar a paraxe en plena natureza por pistas forestais e de asfalto. 

A Pontenova conta cunha nova ruta vinculada á senda verde
Comentarios