jueves. 13.05.2021 |
El tiempo
jueves. 13.05.2021
El tiempo

A Policía Local de Foz investiga os danos nun vehículo estacionado nun garaxe

Aconteceu entre o mércores 6 e o domingo 10, datas nas que raiaron o lateral do coche afectado

Un veciño de Foz denunciou ante a Policía Local que o seu coche apareceu raiado no interior dun garaxe da avenida de Viveiro da localidade focega. Este delito de danos aconteceu entre as dez da mañá do mércores 6, momento no que o estacionou, e as cinco e media da tarde do pasado domingo 10, hora á que o foi coller de novo.

O vehículo ten un lateral enteiro danado e alertaron a comunidade veciñal por se outros turismos tivesen tamén desperfectos, o que agravaría o delito ao ser un feito continuado. Os axentes revisan gravacións para tratar de dar co autor destes feitos.

En base ás probas que atopen e se localizan o autor farán unha proposta, trala que a Fiscalía decidirá a súa reclamación de penas e indemnizacións, se hai lugar, e logo o xuíz valorará e dictaminará un caso na vista que se fixe con esa finalidade.

A Policía Local de Foz investiga os danos nun vehículo estacionado...