O persoal de Hermida amósase optimista ante a opción de reflotar a firma

O administrador concursal avanzoulles que intentará negociar coa banca o desbloqueo de diñeiro para abonar salarios pendentes
Instalacións da fábrica de Muebles Hermida, en Lourenzá. D.V.
photo_camera Instalacións da fábrica de Muebles Hermida, en Lourenzá.

O presidente do comité de empresa de Muebles Hermida, Manolo Franco, transmitiu este mércores o optimismo do persoal da empresa laurentina despois de reunirse con administrador concursal nomeado tras solicitar a dirección o concurso voluntario de acreedores, que é Javier Reigosa.

"Mostrouse bastante optimista", explicou, "díxonos que a situación non é tan mala e que van intentar reflotala". Neste senso, Franco avanzou tamén que o administrador comunicoulles a súa intención de reunirse con todos os acredores da factoría e de negociar coa banca para desbloquear diñeiro "e poder pagar algo" dos salarios que están pendentes.

Franco concretou que Reigosa fora nomeado como administrador á unha do mediodía e que pola tarde desplazouse a Lourenzá para manter encontros coa dirección e o comité. "O administrador transmitiunos boas sensacións", recoñeceu e avanzou que se manterán á espera do que vaia sucedendo antes de tomar algunha outra medida en defensa dos seus postos de traballo.

Tamén este mércores desde o Concello convocaron para as sete desta tarde o encontro previsto entre os portavoces dos tres grupos políticos da corporación -PSOE, PP y BNG-, a alcaldesa, Rocío López, os miembros do comité e directivos da empresa. Xa se remitiron tamén sendos escritos á Xunta e á Deputación, firmados polos portavoces dos grupos municipais, para pedir a súa mediación cun plan de viabilidade para a firma, "poñendo por diante a condición irrenunciable do pago dos salarios atrasados".

SITUACIÓN. A situación que atravesa Muebles Hermida preocupa en Lourenzá pola repercusión socioeconómica que ten no municipio ao ser a principal empresa coa que conta o concello e dar traballo a cerca dun centenar de traballadores, moitos laurentinos.

Esta crise na firma de mobles súmase á que xa sufrira no ano 2011 cuando despedira a 18 traballadores no mes de marzo e despois a finais dese ano plantexara un Expediente de Regulación de Emprego (Ere) que afectou a 75 traballadores dos 194 que tiña daquela en plantilla. Naquel momento, a dirección defendeu a medida para ser viable.

Comentarios