domingo. 16.01.2022 |
El tiempo
domingo. 16.01.2022
El tiempo

Penalba cancela a Festa da Merluza de Celeiro prevista para o 18 de xullo

Una edición anterior de la Festa da Merluza. AMA
Una edición anterior de la Festa da Merluza. AMA

A asociación cultural e deportiva Penalba de Celeiro decidiu cancelar a Festa da Merluza deste ano. "Debido á situación actual que estamos a vivir como consecuencia do Covid-19, a directiva da A. C.D. Penalba apraza a festa da merluza do pincho de Celeiro, que tería lugar o próximo 18 de xullo e así previr posibles problemas que se podían ocasionar  e garantir a saúde de todos, xa que a saúde e a seguridade de todos é o máis importante", sinala nunha nota de prensa. 

"Ánimo!, e vémonos en xullo do vindeiro ano 2021. O noso agradecemento para as colaboradoras sen os cales sería imposible: Puerto de Celeiro SA; Confraría de Pescadores de Celeiro; Concello de Viveiro; Repsol; Deputación de Lugo; Abanca; Grupo Gadisa; e todos os nosos voluntarios que fan que a Festa, ano tras ano, sexa un éxito", engaden.

Penalba cancela a Festa da Merluza de Celeiro prevista para o 18 de...
Comentarios