Pablo Peláez, músico: "Ao meu avó, O Tito, se lle daba moi ben cantar"

A Pablo gústanlle moitos tipos de música distintos, como o funky de Maceo Parker
Generated by  IJG JPEG Library
AppleMark
photo_camera Pablo Peláez en Cervo, donde reside. JOSÉ Mª ÁLVEZ

Nacín en Santo Adrao, en Lourenzá, en 1996 e teño 27 anos. Son director da banda de música de Foz e tamén da banda de gaitas Dambara de Burela. Tamén estou nun par de formacións musicais. Compaxino todo iso cos estudos no conservatorio de Viveiro de gaita e saxofón

Ten algún antecedente familiar musical?
O único o meu avó O Tito, que se lle daba moi ben cantar. Lembro que me contara que unha vez foi a un ensaio con Radio Jazz, unha orquesta mítica, pero dada a súa falta de formación musical non puido entrar.

Ademais de dirixir a banda de Foz e Dambara está en outras formacións, non?
Si, levo o grupo de música tradicional Osorio Gutiérrez en Lourenzá, formo parte do grupo de música cubana Toxo Guyaba e tamén doutro grupo que se chama Alcaldes da Pachanga. E compaxínoo cos estudos. Agora estou terminando os de saxo e quero facer o superior.

Onde escoita vostede música?
No coche e facendo deporte, agora fago elíptica ou vou correr co meu can de 40 quilos e levo música. Ir pola rúa cos cascos non me gusta porque é un método evasivo do que nos rodea.

Como fai para introducir xente moza nos grupos musicais?
Adaptamos o repertorio a algo máis moderno. Temos un repertorio rockeiro e temos unha voz, a de Felipe Sánchez, que canta co coro cancións como ‘Message in a bottle’, de Sting, ou canciones de Iron Maiden, por exemplo.

Cal é a súa música favorita?
A min gústame escoitar todo tipo de música, pero a que máis me gusta é a clásica, porque a estudo. Pero despois gústame moito o jazz, sobre todo o funky e o soul. E tamén me gusta a música tradicional galega, porque foi o inicio de todo. 

Viu Eurovisión o ano pasado?
Si que o vin porque estaban metidas polo medio as Tanxugueiras, pero se non non o vexo. Non é algo representativo do bo que hai neste país. 

E foi algunha vez ao Resu?
Vou tódolos anos porque á miña rapaza encántalle e a min tamén. Gústame sobre todo o black metal, o rock progresivo, e desfrutei moito cando estiveron Rammstein ou Dropkick Murphys.

Vou tódolos anos ao Resurrection Fest porque á miña rapaza encántalle e a min tamén

Cal era o seu soño de pequeno?
O meu soño era compracer a meus pais, facer unha carreira e vivir dela.

A súa nenez estivo marcada por unha enfermidade.
Si, pola diabetes, descubríronma cando tiña sete anos. Agora estou nun moi bo momento de saúde, estable, axudado pola miña rutina e a miña parella. O meu pai envorcouse conmigo cando era pequeno.

Cales son os concertos dos que garda mellor lembranza?
O que máis me gustou foi un de Maceo Parker, un ‘negrazo’ con moitos anos que fai música funky e que deu un concerto brutal en Xixón. Tiña moita enerxía, foi máxico. E outro foi un de Jacob Collier, que ten gañados varios Grammys e lembro que tocou na sala Capitol en Santiago e impactoume o seu show polifacético.

É un soño vivir da música?
Eu agora mesmo vivo da música, pero picando de moitos sitios, e compaxínoo cos estudos. Traballas moito pola ilusión, aínda que a veces me gustaría facer menos cousas pero mellor.

Comentarios