A Ópera de Moldavia leva 'Carmen' de Bizet a Burela o día 30

A compañía actuará no auditorio nun espectáculo con entradas entre 12 e 18 euros

Una escena de 'Carmen'. ÓPERA NACIONAL DE MOLDAVIA
photo_camera Una escena de 'Carmen'. ÓPERA NACIONAL DE MOLDAVIA

A xira de primavera da ópera Carmen, de Bizet, recalará en Burela o vindeiro día 30 ás 20.00 horas no auditorio. As entradas están á venda en ataquilla.com a prezos que oscilan entre os 12 e os 18 euros. Carmen está nunha xira da Ópera Nacional de Moldavia por Alicante, Murcia, Cuenca, Logroño, Valladolid, Salamanca, Ourense, Ponteveda e Vigo.

Carmen, de Bizet, estreouse o día 3 de marzo de 1875 no Opéra- Comique de París, cultivando un fracaso rotundo que en parte puido acelerar a morte do compositor. Hoxe é a ópera francesa máis famosa e interpretada no mundo enteiro.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

A ópera "Carmen" será representada no Auditorio Municipal de Burela o Sábado 30 de Marzo ás 20:00 horas por máis de 90 artistas da Ópera Nacional de Moldavia entre orquestra, coro e solistas internacionales. "Carmen” é unha ópera dramática en catro actos con música de Georges Bizet e libreto en francés de Ludovic Halévy e Henri Meilhac, baseado na novela homónima de Prosper Mérimée, publicada en 1845. A ópera estreouse na Opéra Comique de París o 3 de Marzo de 1875, recibindo valoracións negativas da maioría dos críticos. Estivo a piques de retirarse case despois da súa cuarta ou quinta representación e, aínda que isto se evitou e ao final chegou ás 48 representacións na súa primeira tempada, fixo pouco para subir os decaídos ingresos da Opéra- Comique. Preto do final da súa tempada, o teatro regalaba entradas para incrementar a audiencia. Bizet morreu dun ataque ao corazón aos 36 anos de idade o 3 de Xuño de 1875, sen chegar a saber nunca cuán popular ía ser “Carmen”. En Outubro de 1875 foi producida en Viena con éxito de público e crítica, o que marcou o inicio da súa popularidade mundial. Conta a historia de drama, amor e ciumes que vira en torno á personaxe da xitana Carmen, unha muller pasional cuxa liberdade e personalidade atraen, irremediablemente, aos homes que a coñecen. O sarxento Don José crúzase no seu camiño con terribles consecuencias. Entradas anticipadas xa á venda a partir de 12 € en ataquilla.com #burela #foz #ribadeo #barreiros #mondoñedo #trabada #lourenzá #apontenova #ferreira #alfoz #cervo #xove #viveiro #lugo #coruña #santiago #vigo #ferrol #pontevedra #ourense #galicia #amariñalucense #asturias #ópera #bizet #coro #orquesta #moldova #moldavia #carmen

Una publicación compartida de Concello de Burela (@concello_de_burela) el

É unha das obras máis destacadas do repertorio operístico estándar e aparece en terceira posición na lista de "Operabase" das máis representadas en todo o mundo no período 2005-2010.

A forza interior abrasadora dunha muller libre, valente e sensual, contra o amor obsesivo dun soldado leal, obediente e sincero, arrastra aos protagonistas desta obra mestra de Bizet á deterioración total, a violencia e a morte. Dous destinos paralelos que se moven en direccións opostas e que chocan desembocando nun tráxico final.

A súa música mergúllanos nun mundo de paixón cunha linguaxe exquisita, cheo de xenialidade e beleza.

O Concello de Burela destacou a calidade vocal e instrumental da compañía moldava "é indubidable, xa que xa gozamos de tres óperas súas aquí". O goberno burelense explicou que "non foi demasiado complicado convencer a Concer Lírica de que Burela fose un dos lugares onde se representase esta ópera, xa que o éxito de público nas anteriores óperas foi incuestionable. Trátase dunha vez máis de compoñentes da Ópera Nacional de Moldavia".

Comentarios