lunes. 12.04.2021 |
El tiempo
lunes. 12.04.2021
El tiempo

Necroloxía. Antón González Pérez, 'Sindín'

Flores en un cementerio. PIXABAY
Flores en un cementerio. PIXABAY

Fóisenos un amigo, un compañeiro, un bo e xeneroso ferreiro dun mundo mellor. Marchou Antón González Pérez, Sindín.

Membro no seu día do comité de empresa de Alúmina-Aluminio e despois delegado sindical da CIG, defendeu alí onde lle tocase estar o seu labor sindical con coherencia e firmeza, mais tamén con ese positivismo, bo humor e eterno sorriso que o acompañou ata o final.

Prexubilado xa dende hai uns anos, seguiu botando unha man no que fixera falta. Vaia dende aquí o recoñecemento dos seus compañeiros da CIG e demais membros do comité de empresa á súa traxectoria e á súa persoa e o noso apoio á familia, amizades. Ata sempre, camarada, que a terra che sexa leve.

Comité de empresa de Alcoa-San Cibrao.

Necroloxía. Antón González Pérez, 'Sindín'
Comentarios