sábado. 28.11.2020 |
El tiempo
sábado. 28.11.2020
El tiempo

O museo de Viladonga custodiará as pezas atopadas no castro de San Tirso de Portocelo

Explicacións durante unha das visitas ao xacemento de San Tirso. CADO
Explicacións durante unha das visitas ao xacemento de San Tirso. CADO
A primeira intervención arqueolóxica no xacemento de Xove rematou onte coas tarefas de tapado preventivo dos restos que ficarán nesa zona, ao non estar prevista polo momento a súa restauración e para non deixalos á intemperie

 Os materiais achados no castro e na necrópole altomedieval de San Tirso de Portocelo, no concello de Xove, serán depositados de xeito provisional no museo do castro de Viladonga, situado no concello lugués de Castro de Rei e a onde se deriva agora o que aparece para favorecer a mellor xestión do espazo do Museo Provincial de Lugo. Ese será o destino das pezas cerámicas, da conta dun colar ou dos anacos de metais atopados perante os sondeos arqueolóxicos e valorativos desenvolvidos por primeira vez no xacemento xovense, cuxo contido exacto se descoñecía ata o de agora.

Os traballaros acabaron onte co tapado preventivo con xeotextil e sedimento dos restos que sacaron á luz os profesionais de Cado Arqueoloxía que durante tres semanas traballaron sobre o terreo para destapar "palada a palada a súa historia", como ben explicou David Fernández Abella, o director deste proxecto que financia integramente o Concello xovense. O obxectivo era coñecer se quedaban restos, ver cal era o seu estado de conservación e saber se podían aportar información arqueolóxica. Pódese dar por cumprido, pero agora queda por diante o traballo de estudo, duns seis meses de duración, tralos que chegará a memoria cos resultados sobre esta actuación.

O equipo tomou o venres a topografía das sondaxes e o sábado deu paso a unha xornada de portas abertas, na que recibiu visitas guiadas por grupos que organizaron dende o Concello. A afluencia foi grande, cáseque un cento de persoas se apuntaron para coñecer de primeira man por boca dos especialistas a historia do enclave. Os visitantes acudiron en grupos repartidos nas quendas de mañá e tarde, igual que aconteceu o venres, coas medidas de seguridade establecidas pola pandemia de covid-19.

A xornada dominical dedicouse aos máis novos, que chegaron ata o lugar con familiares para coñecer de preto o traballo dos arqueólogos, algo do pasado do lugar e a importancia de conservar e respectar o patrimonio.

O interese social é só unha vertente da aportación dun xacemento que Fernández Abella considera "prometedor". Veciños de toda a contorna, incluso de fóra do concello, achegáronse a San Tirso para saber máis do pasado do lugar. "Vén xente que fai case o noso horario, séguennos a pé de sondaxe", comenta sorprendido con tanta expectación.

Achados

"Recuperamos anacos de metal como un pequeno craviño"

Os arqueólogos recuperaron moita información e material, como "pezas metálicas de difícil identificación ou outras como un pequeno craviño que podería suxeitar a madeira das casas, no tellado ou nalgunha división interna, pero que non sabemos, pois a madeira non se conserva. Temos pequenas concrecións metálicas", indica David Fernández Abella.

Engade que o xacemento ten dúas ocupacións ben diferenciadas e interesantes: a da etapa altomedieval do mosteiro e a do castro prerromano. Deste último destaparon estruturas de dúas vivendas da época, dentro dun espazo con varios niveis de uso e de ocupación. Na primeira sondaxe apareceu a necrópole medieval que descubriu un espazo bastante amplo. Polo interese de ambas, David Fernández pensa que valería a pena continuar facendo investigacións. É unha proposta que trasladará ao Concello para que valore esa posibilidade, ben con fondos municipais coma esta vez ou con outras axudas.

Singularidade

"Apareceron pezas líticas como un muiño de man de granito"

As pezas líticas son outros dos obxectos que apareceron no castro. "Chamou a atención un muíño de man, de granito, porque se atopa no mesmo sitio onde se cre que puido ser utilizado, e moita cerámica da época, sobre todo nunha zona de vertedoiro onde desbotaban os recipientes que non servían e que nos ofréce moita información desde o punto de vista histórico", sinala Abella. Os arqueólogos tentaron recoller os materiais de maneira que non se degraden, con sedimento, para poder conservalos en condicións e que non se alteren mentras fiquen en depósito. Abella explica que para expoñelos con garantías habería que tratalos. A porcentaxe de material que acaba por expoñerse é ínfima.

Cada peza será sometida a unha limpeza para inventariala e catalogala. "Un especialista fará debuxos e estudiará estes obxectos antes de depositalos no museo, no cal se gardarán sen restaurar polo de agora", según indica o director O típico muíño de man (á dereita da especialista). cado da intervención.

O museo de Viladonga custodiará as pezas atopadas no castro de San...
Comentarios