Lunes. 17.06.2019 |
El tiempo
Lunes. 17.06.2019
El tiempo

Mondoñedo acolle este venres a inauguración do novidoso hotel Camino de Estrellas

Unha das habitacións do hotel Camino de Estrellas. JOSÉ Mª ÁLVEZ
Unha das habitacións do hotel Camino de Estrellas. JOSÉ Mª ÁLVEZ

O novo establecemento ten once habitacións con balcóns e espectaculares vistas da catedral, nun espazo máxico único como o casco histórico mindoniense

HotelCamino de Estrellas abrirá súas portas ao público en mondoñedo hoxe ás 20.00 horas, materializandose así o proxecto de desenvolvemento turístico de Maribel Ferreiro Gayoso e Cesáreo Vaz Rolan.

Hotel Camino de Estrellas. JOSÉ Mª ÁLVEZMaribel e seu socio dedicábanse á construción. Coa crise viron que non podían seguir edificando "porque non había a quen vender", pero ao ter unha inmobiliaria dedicada ao mundo exterior esta muller botouse a andar polos montes e as zonas rurais galegas, na procura de casas que puidesen encaixar para os seus clientes. "Hai moita xente que me pide casas nos camiños", explica Ferreiro, e así chegou a Mondoñedo, cando percorria o Camiño do Norte. "Son unha apaixoada do que me gusta aos ollos. O corazón manda na miña cabeza", comenta. Ao pasar por Mondoñedo viu varias casas que lle gustaban. E díxose: "máis tarde voltarei".

Ferreiro regresou e atopou unha casa. «Vin un letreiro polo que pasara o tempo, nun edificio á venda. E pensei: Ten que ser bonita, porque ten a vista da catedral». Dáballe o sol. Era o mes de outubro e lucía espectacular. "Falamos coa dona do inmoble e coa súa filla. Pensabamos no alquiler, pero finalmente comprámola. Pensamos moito no que facer, e en rehabilitala. Con tempo. Con moito tempo e moitas ganas", explica.

O resultado son 11 habitacións distintas. Porque se lles adicou tempo e máis tempo. "Senón saen iguais, como nalgúns hoteis, que de arriba a abaixo son todas iguais". Esta muller chegou a Mondoñedo polo Camiño do Norte e decidiu que o hotel tiña que levar o nome da ruta xacobea. "Foi unha inspiración: Camino de Estrellas. A min sempre me acompañaron a lúa, o sol e as estrelas. E a cada habitación púxenlle nome de estrela".

As estancias teñen nome de estrelas e constelacións e dispoñen de baños ingleses e rede wifi 

Maribel Ferreiro é "do centro de Galicia, que é Monterroso", di, e Cesáreo de Ourense. Concibiron o hotel como un establecemento pensado para todos os públicos. "Non limitamos", explica. "É o primeiro negocio de hostalaría que temos. Se fora o segundo, ou o terceiro... igual xa sabiamos hacia donde o tiñamos que enfocar. Pero ao ser o primeiro está dedicado a todos os públicos", di.

A terceira pranta, por ser a última, está dirixida á mocidade. Das súas habitacións hai algunhas abufardadas "e teñen prezos máis baratos porque se comparte baño".

Na segunda pranta están as habitacións individuais. Todas elas. "Con baños italianos e pensadas para aquelas persoas que queiran gastar 50 euros en durmir", explica esta muller. Teñen baño, televisor, wifi... e todas as comodidades que se precisan para descansar.

Hotel Camino de Estrellas. JOSÉ Mª ÁLVEZ

As habitacións da primeira pranta están pensadas "para parellas e amigos que desexen compartir. Son como apartamentos separados. Dúas habitacións, unha porta, e non entra ninguén". "Non os ven quen suben pola escaleira, nin quen baixan. Nin eles ven aos demais". Teñen baño e tamén están pensadas para "pais que veñen con nenos e non queren que anden nin escaleira arriba nin escaleira abaixo". "Para os moteiros, por exemplo, que son amigos en común, ou para os peregrinos do Camiño, que ao alquilar así sáelles máis barato. A 40 euros...". Na pranta baixa o hotel ten unha estancia e accesos para persoas con capacidades diferentes, a recepción, e un espazo para gozar de marabillosos almorzos.

"Para quen desexe quedar unha semana ou tempadas longas temos un acordo cun restaurante que nos serve as ceas, e os clientes poden ir alí se lles apetece".

Decidiron inaugurar esta fin de semana polos moteiros. "Pensabamos abrir o 1 de abril, pero pedíronnolo e estamos moi agradecidos. Estrá todo ocupado, e dá gusto poder abrir así as portas".

A Estrela do Norte; as constelacións de Géminis; ou Orión, coas estrelas Rigel Roja e Rigel Azul, son algunhas das estancias donde descansar e gozar, desde os balcóns, coa vista da catedral de Mondoñedo, un ben Patrimonio da Humanidade en pleno Camiño do Norte.

Mondoñedo acolle este venres a inauguración do novidoso hotel...
Comentarios