EN COMPAÑÍA DE ANIMALES

Miguel Ángel Otero: "Debo ser quen máis plantas ten nun acuario"

Este veciño de Ribadeo empezou cos acuarios hai 25 anos por iniciativa da sñua muller, que co seu primeiro soldo mercou un de 60 litros. Chegaron a ter dez nun piso de 100 metros. Agora ten un de 300 litros
Miguel Ángel Otero xunto ao seu tanque xigante, no seu domicilio de Ribadeo. JOSÉ Mª ÁLVEZ
photo_camera Miguel Ángel Otero xunto ao seu tanque xigante, no seu domicilio de Ribadeo. JOSÉ Mª ÁLVEZ

Irse vivir coa súa muller e empezar cos acuarios foi todo un para Miguel Ángel Otero Barreiro, que ten como peixes preferidos os killis, unha rara especie africana. Nos seus acuarios hai plantas naturais e peixes que esixen coidados especiais. "Moita xente sorpréndese do que hai detrás da acuariofilia, pois nas tendas hai o básico, sen case asesoramento, agás nalgunha que ten persoal moi cualificado", opina.

Ademais dun tanque de 300 litros, ten outros catro, varios de 30 con gambas, endler e moss christmas, e o seu fillo ten un cubo cun beta, do que explica que "é curioso, deposita os ovos no fondo, son capaces de sobrevivir un tempo na terra sen auga". Miguel ten unha copa só con anubias. "Mantense co que as plantas son capaces de xerar e absorber. Tamén tiven gambas de auga doce, que non precisan moitos coidados son todoterreo".

Otero explica que no tanque de 300 litros fixo un acuario comunitario con especies do Caribe, peixes de cara vermella, borrachitos, simpáticos e de lombo fluorescente, neóns, cardenais, e tamén endler criados salvaxes, platy mickey, un ancistrus albiño, que parece un dinosaurio pequeno, e unha colisa adoptada, que "é a xefa do tanque".

Todo isto con plantas naturais, "a que máis abunda é a anubia nana. Debo ser o que máis ten dentro dun acuario. Tamén hai anubia balteri, kriptocorine marrón e verde, un fento africano e un bucephalandra, que aquí non loce ao ter as follas máis marróns que verdes por defecto de abonado, e unha vallisneria, que pode darlle a volta ao acuario dúas veces se non a podo, non hai maneira de quitala. Se queres que esté perfecto hai que cambiar a metade da auga cada semana. Os micronutrientes como mellor se obteñen é da auga do grifo, teño unha bomba para vaciar e encher e tratase para eliminar materiais pesados, cloro e outros nocivos"..

Miguel sinala que "se tes poucas plantas necesitas sifonar, porque as feces volven a auga tóxica se non hai nada que as consuma. Eu sifono dúas veces ao ano, este ten un ecosistema propio que él mesmo se encarga de sobrevivir". Engade que todas as prantas necesitan iluminación. "Hoxe cos led hai alta intensidade e baixo consumo. Necesitan o espectro da luz solar, pero como non se pode ter completo instálase branco, vermello e azul".

Comentarios