En compañía de animales

Javier Santano: "Mellor can non coñecín, non che quita ollo"

O celeirés di que este exemplar de dálmata é bravo e quere as cousas á súa maneira, pero fai o que lle manda o seu dono
Drake, xunto de Felisarda e Javier, na terraza do Millón, en Celeiro. JOSÉ M. PALEO
photo_camera Drake, xunto de Felisarda e Javier, na terraza do Millón, en Celeiro. JOSÉ M. PALEO

Os irmáns de Lord Drake compiten, pero el naceu xordo e ían sacrificalo ata que o celeirés Javier Santano interesouse. "Estaba esperando un, dixéronmo e pensei quedar con el", conta. Na casa sempre tiveron cans e quixo ter un desa raza cando por Facebook pedían axuda para acoller os dunha cadela. Aquilo foi unha estafa e perdeu diñeiro, pois deixaban as chamadas en espera. A partir diso, informouse sobre os dálmatas e descubriu aos criadores que llo venderon en Vigo. Reservou un macho e saíron dous, pero un naceu xordo e propuxéronlle esperar ou levar unha femia. Cando lle dixeron que ían sacrificalo, insistiu. "Tiñan medo a que andívese sacando cartos con el". 

Javier sinala que "mandáronme castralo, asineilles un papel e deixelles 100 euros de fianza como que non ía facer nada malo co can, só o quero de compañía, pero tampouco vou castralo".

O pai de Drake é ruso e a nai galega, el é ancho e ela baixa. Pillou esas dúas características. "A xente di que é un cruce, pero non, ata o veterinario di que é moi ancho". Conta que cando pasea con el fai moito exercicio, mentras que con súa avoa está máis tranquilo. "Non se separa dela. Dunha volta caeu paseando e escapou buscar unha amiga dela para que lle axudase. A miña avoa pódeslle dar os cartos que queiras, que vende antes a calquera ou o negocio có can". 

Javier asegura que Drake non amosa como é. "Cando vai comigo vexo que é bravo e, se pode inchar o peito, faino. De novo sorprendeume que os primeiros días tiraba moito da correa, ata que solteino e foi o mellor remedio para os dous, o can vai diante de min, pero sempre xira a cara, porque como non me oe ten que verme, non me perde de ollo". 

Santano pensa que "foi mellor que sexa xordo, din que sería distinto, pero mellor can non coñecín, non che quita ollo". Afirma que é xerárquico. "Se lle dás os mesmos coidados ca ti pensa que sodes do mesmo nivel, é cadrado, quere as cousas á súa maneira, pero fai o que lle manda o dono". Javier di que "miña nai e miña avoa fálanlle e razoan con el coma se oíse" pero el viu que "hai xestos para que aprendan por repetición e fala moito coa linguaxe corporal. De cachorro tíveno comigo en Foz, soltábao e cando lle faltaba o meu cheiro tiña que buscarme. Iso creo que o fai máis tranquilo", afirma.

Javier Santano Barro e o dálmata Lord Drake
Este mozo de Celeiro di que "o can é da casa", aínda que foi él quen o mercou e empezou a crialo, pero agora non se separa da súa avoa Felisarda Pereira. É xordo, ten pedigrí e ían sacrificalo cando Javier se interesou por el. Ten 9 anos pero sabe ben quen é a xefa, esperta uns minutos antes ca ela e saúda ladrando.

Comentarios