Mayra García é a nova responsable de Medio Rural dos socialistas en Galicia

Gonzalo Caballero apuesta por la alcaldesa de Trabada
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
AppleMark
photo_camera Mayra García. JOSÉ Mª ÁLVEZ

A alcaldesa de Trabada, Mayra García, é a nova encargada da área de medio rural do PSdeG, logo de que o secretario xeral, Gonzalo Caballero, propuxera onte á comisión executiva nacional galega do partido varios cambios e nomeamentos internos con obxectivo de reforzar a acción da organización ante a pandemia de covid-19.

Caballero dixo que no medio "dunha crise económica, social e sanitaria de envergadura", os partidos deben traballar "para protexer á xente" e evitar que «queden miles e miles de cidadáns abandonados en situación de vulnerabilidade».

Para reforzar a acción do partido na estratéxica sanidade, Caballero propuxo que o deputado encargado desta cuestión no Parlamento de Galicia, Julio Torrado, sexa tamén responsable da materia na directiva do PSdeG. E aposta por Mayra García para a área de medio rural.

Comentarios