Martiño Maseda gaña o VII Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro

O vilalbés fíxose con primeiro premio en Mondoñedo coa obra 'Mapa de xeografía emocional'

Os membros do xurado Aurea Ramil, Armando Requeixo e José María Felpeto. EP
photo_camera Os membros do xurado Aurea Ramil, Armando Requeixo e José María Felpeto. EP

A obra Mapa de xeografía emocional do autor Martiño Maseda acadou o primeiro premio no VII Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro, que cada ano convoca o Concello de Mondoñedo, en colaboración coa área de Cultura da Deputación de Lugo.

Martiño Maseda é natural de Vilalba, e recibirá un premio de 1.500 euros, placa e diploma. Mentres, o segundo premio, dotado con 600 euros, placa e diploma, recaeu na obra titulada 1(14)1, do autor Alberte Momán de Ferrol. O terceiro premio foi para a obra Documentos do escribente de Jorge Alonso García. O autor, nado en Bos Aires e residente en Vilagarcía de Arousa, recibirá 300 euros, placa e diploma.

Os xurado que fallou os premios estivo integrado por Aurea Ramil, Armando Requeixo e José María Felpeto. 

Esta edición do certame contou cunha alta participación, con cerca de 100 orixinais presentados, segundo informou o Concello de Mondoñedo a través dun comunicado. 

A entrega dos galardóns celebrarase o vindeiro sábado, 17 de novembro, nun acto que comezará as 12.00 horas no consistorio mindoniense.

Comentarios