María Vila Batán, do IES Vilamarín de Ourense, gaña o Campeonato de Baristas celebrado en Foz

O alumno do IES de Foz, Ander Villanueva Santiago foi descalificado polo xurado, aínda que este alabou o seu traballo.

José Manuel Balseiro entrega o premio e o diploma a María Vila Batán. EP
photo_camera José Manuel Balseiro entrega o premio e o diploma a María Vila Batán. EP

María Vila Batán, do IES Vilamarín de Ourense, logrou o primeiro posto no Campeonato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalaría que se disputou este mércores e xoves no IES de Foz.

En segundo lugar clasificouse Silvia García Blanco do CIFP Compostela de Santiago e o terceiro posto foi para Alberto Castedo Gómez do IES Sanxillao de Lugo.

O alumno do IES de Foz, Ander Villanueva Santiago foi descalificado polo xurado, aínda que este alabou o seu traballo.
 
O IES Vilamarín tamén foi a escola gañadora do certame.

Comentarios