Miércoles. 22.05.2019 |
El tiempo
Miércoles. 22.05.2019
El tiempo

En Marea propón unha tarifa eléctrica que "garante" a viabilidade de Alcoa

Francisco Casal. XOÁN REY (EFE)
Francisco Casal. XOÁN REY (EFE)

A formación pretende rebaixar a factura dos consumidores

En Marea propuxo este xoves a creación da Tarifa ARENHH (Acceso Regulado á Enerxía Nuclear e Hidráulica Histórica), un modelo de tarifa fixa que "garanta" a viabilidade das empresas electrointensivas como Alcoa, Ferroatlántica, Celsa ou Megasa e que, ao tempo, se reflicta nunha rebaixa na factura eléctrica dos consumidores.

A iniciativa, defendida polo deputado Francisco Casal e que será sometida a debate dos grupos no Parlamento de Galicia, insta ao Ministerio de Transición Ecolóxica a establecer "un prezo fixo de entre 40 e 42 euros/MWh", ao que "terían que acollerse, de maneira obrigatoria, os produtores de enerxía eléctrica de orixe nuclear ou hidráulica con contratos a longo prazo dun mínimo de 10 anos", o que "garantiría a viabilidade da industria electrointensiva".

"Xogámonos miles de postos de traballo", sinalou Casal, que lembrou que, só na Mariña Lucense, "a desaparición de Alcoa suporía unha catástrofe económica e social e a desaparición do 30% do PIB da provincia de Lugo". "Que estas centrais sigan vendendo a prezo de Pool supón regalarlle ás eléctricas un mínimo de 1.740 millóns de euros ao ano, os coñecidos como beneficios caídos do ceo", explicou o deputado.

Para o parlamentario de En Marea, as medidas contempladas na actualidade polo Goberno do Estado "para paliar a situación" das electrointensivas "redúcense" a aplicar até o máximo autorizado pola UE "as compensacións por custos indirectos" dos dereitos de emisións de CO2, por importe de 200 millóns de euros, e "a manter as poxas de interrumpibilidade por un importe similar".

En Marea propón unha tarifa eléctrica que "garante" a viabilidade...
Comentarios