Un lume calcina varios apeiros e un vehículo nun alpendre de Ribadeo

Non houbo feridos
Bomberos. ARCHIVO
photo_camera Bomberos de Barreiros durante una actuación anterior EP

Un incendio arrasou por completo este xoves unha palleira no concello lugués de Ribadeo. Ningunha persoa resultou ferida, pero si arderon diversos aveños e un vehículo que se gardaban no seu interior.

O lume comezou ás 1.30 horas desta madrugada, cando o 112 Galicia recibiu a chamada dunha persoa particular que solicitaba axuda por mor dun alpendre que estaba arder no lugar de Reme de Arriba.

Así, desde o 112 Galicia, informouse aos axentes da Garda Civil, os voluntarios de Protección Civil da localidade e aos Bombeiros de Barreiros para atallar as lapas do galpón.

Rematadas as tarefas de extinción, os bombeiros comunicaban ao 112 Galicia que, finalmente, ardera por completo o interior do alpendre xunto con diversos apeiros e un vehículo que se atopaban no interior.