Loita en cada rincón

Colocan pancartas en Viveiro e piden sinaturas en change.org
2020060111320296234
photo_camera Colocación dunha pancarta reivindicativa na ponte de Feve sobre a ría de Viveiro, o domingo pola tarde. D.V.

As mobilizacións en defensa da fábrica de San Cibrao van ser xerais en toda a comarca da Mariña e este domingo foi colgada unha pancarta da ponte do tren Feve, na variante de Viveiro.

Asimesmo, chamaba a atención que en Burela, que noutros anos aparecería nesta fin de semana de festa engalanada para os distintos actos que agora non poden celebrarse por mor da pandemia, este domingo nas silenciosas rúas a única decoración eran precisamente os grandes lazos azuis colocados polo comité reclamando o estatuto de industrias electrointensivas que poida achegarlle viabilidade á planta.

Por outra banda, en redes sociais está en marcha unha campaña en change.org de petición de 5.000 sinaturas, reclamando salvar as instalacións de Alcoa. "Todo ten solución se hai vontade para solucionalo", din os impulsores da mesma, que en poucas horas recolleron máis de 2.700 sinaturas e apoio dos traballadores.

Comentarios