Chega a Ribadeo o 'sacho-selfi', o invento que nunca imaxinou Steve Jobs

Imaxe do sacho-selfi. EP
photo_camera Imaxe do sacho-selfi. EP

Cando Steve Jobs fundou a empresa Apple en 1976 seguro que nunca imaxinou que a súa imaxe de marca, recoñecida mundialmente, casaría tan ben cun aparello tan tradicional e sinxelo como é o sacho. Sen embargo, hai varios anos que ambos mundos, o do logo da mazá da compañía estadounidense e o do utensilio para traballar o campo, fundíronse nun invento revolucionario: o sacho-selfi.

A súa presenza en todo tipo de eventos galegos, sobre todo nas festas, fíxose moi célebre dende a súa aparición, xa que todo o mundo que se atopaba con el quería inmortalizar o momento cunha autofoto dende este particular sacho, que segue a idea do popularizado pau selfi pero suexitando o móbil coa pa de ferro, decorada coa mazá de Apple.

Imaxe do sacho-selfi. EP (2)Este mesmo luns, o sacho-selfi aterrou en Ribadeo da man dun home que non deixou a ninguén indiferente durante a súa andaina polas rúas do municipio mariñán.

Non se sabe se este home tén previsto repetir a experiencia en máis lugares de Lugo, pero o que está claro é que non lle faltarían fieis que o acompañen para tomar unha foto de grupo co invento.

Imaxe do sacho-selfi. EP (4)Imaxe do sacho-selfi. EP (3)

Comentarios