viernes. 18.09.2020 |
El tiempo
viernes. 18.09.2020
El tiempo

Llano: "Con esta tendencia, deberiamos quedar xa libres para movernos"

Alfredo Llano. AMA
Alfredo Llano. AMA
O rexedor do concello máis afectado polo rebrote de coronavirus sinala que o esforzo dos cidadáns con respecto ás normas fará que se levante axiña a restrición de mobilidade. Confía en que agosto sexa un bo mes a nivel turístico e que dea folgos ao sector comercial e hostaleiro

LOGO DE pasar momentos complicados para atallar o volume de contaxios, Burela comeza a ver a luz co descenso paulatino de casos positivos de Covid e de veciños confinados, segundo explica o alcalde, o socialista Alfredo Llano, que destaca a boa colaboración co hospital e a Consellería de Sanidade no obxectivo común de eliminar este foco.

Como está a situación actualmente en Burela?

Mellorando, no último día non houbo ningún positivo novo. O día que máis tivemos foi o domingo da anterior semana, con 140 positivos, e nesta pasada baixamos á metade. Confinados chegamos a ter entre 600 e 900.

Como viviron estes días?

Os resultados que está habendo dan confianza, o que é unha boa noticia porque aquí estase traballando moi duro desde o hospital e tamén desde o Concello, que está aportando o que pode dentro das súas posibilidades para axudar á xente confinada. O que se logrou con respecto a este brote é cortar a cadea dos contaxios, agora está moi controlado e cremos que nos próximos días se vai acusar moito a baixada, porque xa hai moita xente que vai rematando as corentenas e que se pode ir incorporando á vida civil. Esta mellora é grazas a que deu resultado o traballo que se fixo e tamén ao comportamento e responsabilidade da xente desde que estamos confinados.

En xeral os veciños cumpriron as normas?

Si, a xente colabora, se está nunha terraza garda a distancia e observo tamén que todo o mundo leva máscara. A raíz da preocupación e das normativas que se puxeron, tamén con respecto a restaurantes e bares, co aforo do 50% e horario moi restrinxido, dalgún xeito a xente tomou conciencia e tivo un espírito de colaboración que tamén favorece moitísimo que os contaxios vaian baixando.

"Os 14 concellos do distrito sanitario deberiamos estar todos na mesma situación para

Con esta tendencia, cre que se poden eliminar xa as restricións para entrar e saír de Burela?

Hoxe temos unha reunión telemática á unha da tarde onde imos facer a valoración de todos os datos e iremos vendo, a ver se martes ou mércores estamos libres. Penso que se a cousa vai ben en Burela e se A Mariña segue na mesma liña na que está, os catorce concellos que pertencemos ao distrito sanitario deberiamos recuperar a situación tal e como estaba antes do confinamento, todos xuntos e dar un aspecto de seguridade na comarca. Partindo do aspecto formal, sanitario, de como se xestionou isto, vaise dar confianza de cara á xente, penso que o traballo ben feito animará á xente a visitarnos, é o que queremos transmitir, e facilitar que os visitantes se sintan a gusto.

Cre que están a tempo de reconducir o verán dende o punto de vista turístico?

Xullo xa nada, pero en agosto é cando vén o groso de visitantes e creo que se pode, que vai vir moita xente e que vai haber moita conciencia para respectar as normas sanitarias. Creo que esta situación vai favorecer un turismo de confianza, máis seguro, máis natural, cultural, que vai apreciar moito máis o que hai aquí e vai desfrutar doutra maneira. O que necesitamos é que o visitante se sinta seguro, e nós tamén. E setembro pode ser un bo mes, hai xente con vacacións pendentes.

Como condiciona esta situación o traballo no consistorio?

Fixemos un cribado a 180 persoas, sobre todo traballadores vulnerables pola cantidade de xente que visitan ou atenden, ou que están máis expostos, como Policía Local, axuda no fogar... e os resultados foron todos negativos. Despois no que é o concello temos un sistema de cita previa, hai que gardar quenda, e temos todo o edificio preparado para facilitar o distanciamento e a seguridade coa fin de evitar contaxios, de acordo á normativa e protocolos que hai que aplicar.

Que xestións fai o Concello con respecto ao brote?

Hai uns cantos voluntarios, coordinados pola concelleira de servizos sociais, cos que tratamos de axudar á xente que está confinada e vive soa, levámoslle comida, menciñas, e tamén vai a eses fogares persoal da recollida de lixo. Ademais colaboramos co hospital en todo aquilo que nos pide, temos unha relación diaria e moi boa co centro, e tamén coa consellería. Buscamos a mellor maneira de axudarnos para o cru propósito de pechar o antes posible os contaxios e ter a situación totalmente controlada.

De que maneira botarán unha man ao tecido comercial e empresarial da localidade?

Este brote afectoulle moi duro e, logo de falalo nunha reunión coa asociación de comerciantes, imos facer unha solicitude formal á Deputación, á Xunta e ao Goberno para que ofrezan algún tipo de axudas a comerciantes, hostaleiros e aqueles que están sufrindo as consecuencias dun problema socioeconomico moi grande e que están colaborando duramente con isto, deberíase concretar algo que compensase ese sacrificio que están a facer. Á parte desde o Concello temos unha partida de 120.000 euros en axudas directas a cada un dos autónomos e comerciantes que o soliciten, para botar unha man no que se poida. Xa temos as bases rematadas e imos sacalas o O alcalde de Burela, Alfredo Llano. antes posible.

Llano: "Con esta tendencia, deberiamos quedar xa libres para movernos"
Comentarios