A librería Bahía reúne na casa da cultura de Foz a Juan Tallón e Berta Dávila

A iniciativa Afinidades Electivas, que terá lugar o mércores, servirá para confrontar a relación entre as súas obras
 
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
AppleMark
photo_camera Juan Tallón. ARCHIVO

A cultura farase un oco nos tempos revoltos que corren cunha novedosa iniciativa que reunirá o mércores en Foz, a partir das oito e media da tarde, a dous prestixiosos escritores galegos, Juan Tallón (Vilardevós, Ourense, 1975) e Berta Dávila (Santiago de Compostela, 1987). Ambolos dous contan ademais con obras publicadas recentemente, ‘Rewind’, no caso de Tallón e ‘Carrusel’ no de Dávila, aínda que no encontro, enmarcado no programa Afinidades Electivas non falarán cada un das súas publicacións, senón da obra do outro, o que fai aínda máis interesante a cita para os interesados en achegarse. Entre os dous e os asistentes non só buscarán afinidades e puntos en común entre os autores, senón tamén diverxencias ou sorpresas que vaian xurdindo.

 A cita, que se celebrará na casa da cultura de Foz ao quedarse pequena a librería Bahía, chega a través dunha liña de axudas que promoveu o Ministerio de Cultura a través da Dirección Xeral do Libro na que se pretende botarlle unha man ás librerías independentes e que se atopan lonxe das grandes cidades. "Presentamos a proposta de Tallón e Dávila porque eran home e muller e porque ademais era un requisito indispensable que escribisen en linguas diferentes", explicou Cielo Fernández, propietaria da librería Bahía.

"Estes encontros son especiais polas diferenzas cos actos de promoción, poden ser divertidos para a xente que acuda a velos», sinala Tallón.

"Este tipo de iniciativas contribúen á descentralización dos actos culturais. Non sempre teñen que ser as grandes cidades as que acollan actos relacionados coa literatura; todo o que sexa poñer en contacto aos escritores cos lectores e axudarlle tamén as librarías dos pobos é unha iniciativa da que me sinto feliz de poder tomar parte", explicou Berta Dávila, encantada ademais de compartir a xornada con Juan Tallón, ao que asegurou admirar. "É un autor que me interesa e co que estou desexando compartir este tempo falando de literatura, que, ao final, é o que a todos nos gusta", dixo engadindo ademais que as particularidades que ten esta reunión serven «para poder sumar lectores e para que os mesmos escritores poidan aprender moitas cousas uns doutros. Ás veces é importante saír do noso caixón», explicou.

Tallón tamén valorou moi positivamente esta aposta, destacando sobre todo a súa peculiaridade. "O habitual é que cada autor fale da súa obra e esta iniciativa é especial pola súa diferenza, pola posibilidade de confrontar. Ás veces atópanse similitudes onde menos se espera e tamén diverxencias, creo que pode ser algo divertido. A verdade é que me pareceu moi ben e ademais porque serve para axudar ás librarías nun momento tan complicado como é este do Covid-19", sinalou Tallón.

"Non sempre teñen que ser as grandes cidades as que acollan actos culturais, este tipo de iniciativas serven para descentralizar», apunta Dávila

O escritor de Vilardevós celebrou a posibilidade de compartir a xornada con Berta Dávila, á que eloxiou: "É unha escritora interensantísima, nova, pero cun punto de vista moi definido. Teño ganas de preguntarlle un montón de cousas da súa obra".

Tallón leva dende 2013 escribindo en castelán, namentras Dávila firmou toda a súa obra en galego. "O galego é a lingua que me sae natural, pero non sinto ningún prexuízo respecto aos que apostan polo castelán, entendo que o número potencial de lectores é moito máis amplo", sinala Dávila. Pola súa parte, Tallón deixa claro que a iniciativa do mércores "non ten un enfoque territorial, pero está claro que todo o que podamos axudarlle á literatura en galego ou dos escritores galegos será un paso adiante", subiliñou.


Gran acollida dos seus últimos libros

Os dous escritores que se achegarán o mércores á comarca están disfrutando agora da gran acollida que tiveron as dúas últimas obras que sacaron á luz. Namentres que Juan Tallón vai xa pola súa terceira edición do celebrado ‘Rewind’, un libro publicado en 2019 pola editorial Anagrama, que sorprendeu incluso aos seus fieis, Berta Dávila tamén vive momentos moi bos tralo premio García Barros 2019 recibido por ‘Carrusel’.

IMG_6087A mesma Dávila recoñece sentirse moi feliz pola resposta que está tendo este derradeiro libro e incluso asegurou que vai ser traducido ao castelán para poder chegar a un maior número de lectores. "O certo é que teño que agradecerlle tanto á crítica como aos lectores que acollesen este libro con entusiasmo», sinalou.

'Carrusel' conta a historia dunha escritora que atravesa unha crise creativa e busca atoparlle sentido a un pasado difícil, marcado por unha doenza mental. "É un libro que se alonxa dos parámetros de obras anteriores, pero non é autobiográfico para nada",manifestou a xove escritora, que, igual que o resto da xente, trata de sobropoñerse ao impacto do Covid-19. "Trato de seguir cos meus proxectos, agora estou traballando na novela gráfica dunha obra anterior, pero é verdade que tiven un montón de cancelacións, coma o resto dos escritores ou traballadore"», dixo.

Tallón atópase tamén nun momento doce como escritor pola repercusión de ‘Rewind’, logo dunha dilatada traxectoria nos medios de comunicación, cos que colabora, incluido El Progreso, e de publicar numerosos libros en galego e castelán, tanto de ficción coma de non ficción.

‘Rewind’ presenta cinco voces diferentes que reflexionan sobre un feito que cambiou as súas vidas, a explosión dun piso de estudiantes en Lyon. Aínda que o terrorismo está presente na novela, o mesmo Tallón cre que só é un nexo de unión para poder contar unha historia. "A novela ten máis que ver coa xuventude, coa crenza de pensar que un pode ser invulnerable por ser xove, tamén fala de como pode cambiar a vida de moitas persoas nun instante", sinala, engadindo respecto ao impacto que xera o libro que "moitas veces non se pode explicar como se chega a un fío porque moitas cousas van xurdindo a partir dunha idea inicial, o que é verdade é que sempre se aspira a sorprender ao lector", manifestó.

Firma de libros en Ribadeo antes do encontro en Foz
Os escritores Juan Tallón e Berta Dávila non só participarán o mércores no encontro Afinidades Electivas en Foz, senón que antes estarán no local que ten a librería Bahía en Ribadeo para firmar exemplares para todos aqueles que non poidan participar na reunión posterior. O horario será entre as seis e as sete da tarde.
Seguridade
Cielo Fernández, propietaria da librería Bahía, dixo que se cumprirán de xeito escrupuloso con tódalas medidas de seguridade motivadas pola crise do coronavirus e por iso pide aos interesados en acudir que se inscriban previamente a través das redes sociais, a través da conta de correo electrónico bahia@libreriabahia. com ou chamando ao número de teléfono 982.14.04.34. Fernández advertiu que xa quedan poucas prazas.
 

Comentarios