Kiss ofrecerá un dos seus derradeiros concertos neste vindeiro Resurrection Fest

A décima terceira edición do festival de Viveiro, co 80% dos abonos vendidos, agarda 85.000 espectadores de 30 nacionalidades distintas

El director del Resurrection Fest, Iván Méndez; el presidente de la Diputación de Lugo, Darío Campos, la alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, y la jefa de personal del Resurrection Fest, Iria Quelle, durante la presentación de las novedades del festival. ELISEO TRIGO (EFE)
photo_camera El director del Resurrection Fest, Iván Méndez; el presidente de la Diputación de Lugo, Darío Campos, la alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, y la jefa de personal del Resurrection Fest, Iria Quelle, durante la presentación de las novedades del festival. ELISEO TRIGO (EFE)

O Resurrection Fest convertirá a cidade de Viveiro na capital do metal e o rock e o hardcore do 11 ao 14 de xullo. Un evento que ten como cabeza de cartel os lendarios do rock Kiss e os alemáns Scorpions. Así o describiron os organizadores do festival na presentación oficial do festival, no Pazo de San Marcos.

O director do Resurrection Fest, Iván Méndez, presentou esta edición como a "mais ambiciosa" deste festival, consolidado como un clásico da escena rock nacional despois de 13 anos de funcionamento. "Non hai moitos festivais que se celebren durante tantos tempo", dicía o organizador.

O cartel do Resurrection Fest conta cun total de 100 bandas, que tocarán en catro escenarios. O mais grande ten, de boca, 25 metros de longo. "Un dos mais grandes de España, e dos poucos que resiste o equipo técnico, luces e pirotecnia de Kiss", en palabras de Iván Méndez.

Esta lendaria banda de rock estadounidense dará en Viveiro un dos derradeiros concertos da súa historia, tras 45 anos de carreira. Un espectáculo que durará 90 minutos e que estará cargado de «sorpresas», segundo o director do festival.

Outro clásico da escena do hard rock, a banda alemana Scorpions, figura na cabeza de cartel. Actuarán o venres e congregarán a seguidores da banda de todo o mundo. Nun plano máis actual, tocarán Prophets of Rage, formada por membros de Rage Against de Machine, a banda de heavy metal sueca Ghost, Megadeath, que traerá o heavy metal californiano, ou a banda americana de metal rock, Stone Sour.

En total, 100 bandas que en tres días lle darán o protagonismo do rock a Viveiro, que espera recibir "85.000 espectadores de 30 países do mundo", segundo o presidente da Deputación, Darío Campos Conde.

Un evento que suporá, ademais, un impacto socioeconómico na localidade de "13 millóns de euros, e xerará 2.000 postos de traballo". Para o presidente da institución, achegarlle 130.000 euros ao Resurrection Fest "non é un gasto, é un investimento". Xa que é unha celebración que, en palabras de Campos Conde, é "un escaparate".

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, falaba orgullosa deste festival "100% viveirés" e que tivo uns "comenzos complicados" e que agora, tras 13 anos, pode decirse que é un éxito. Lourerio quiso lembrar a Melchor Roel, como visionario da "proxección" do festival.

A colaboración do Concello consiste en "habilitar espazos públicos, achegar persoal e poñer en marcha un plan de seguridade" para o evento. A alcaldesa agradeceu a tolerancia dos veciños co festival, pois durante os días que dura é necesario cortar a circulación en certas zonas e, sen embargo, "son moi comprensivos".

Loureiro apuntou como detalle que visibiliza o impacto deste festival unha anécdota sobre o humorista José Corbacho. Este actuara en Viveiro o mes pasado, xusto na entrada, apareceu en xigante o cartel coa actuación de Kiss e Scorpions. Un feito que o fixo dubidar de se a localidade era un pobo ou unha gran cidade.

Comentarios