Jim Caviezel rodou un documental nas Catedrais

A súa data de estrea aínda está prevista para 2021 e está baseado nun best-séller dun sacerdote, 'La Misa: el beso de Dios'
Un pasaje del documental de Caviezel en As Catedrais. YOUTUBE
photo_camera Un pasaje del documental de Caviezel en As Catedrais. YOUTUBE

A imaxe de Jim Caviezel como protagonista do impactante filme A paixón de Cristo, de Mel Gibson, ficou na memoria de moita xente pola violencia explícita que se amosa nunha obra que fora moi controvertida. Agora o propio Caviezel púxose á fronte, desta volta como director, doutro proxecto vencellado a cuestións da Igrexa Católica, malia que moito menos polémicos que aquela película. Trátase dun documental titulado La Misa: El beso de Dios, e que se rodou en parte na praia ribadense das Catedrais.

O documental segue os pasos dun libro homónimo que acadou unha sona importante dentro do sector ao que vai dirixido: os crentes e mesmo praticantes da Igrexa católica que escribiu o sacerdote José Pedro Manglano.

A idea do documental é a de tentar reflectir o poder das misas nunha sorte de fusión coa natureza que rexeita a idea de que se teñan que facer necesariamente dentro dun templo porque, segundo o autor, a natureza é a mellor obra de Deus.

A partir desa premisa a equipa de Jim Caviezel púxose a buscar espazos naturais que resultaran impresionantes e onde poder rodar misas que chamen a atención do espectador e un deles foi a praia ribadense das Catedrais.

O tráiler oficial xa se atopa na canle de vídeos Youtube, onde tamén é posible atopar imaxes máis estendidas do propio documental e da rodaxe nas Catedrais. Polo que se pode ver, está feito cun fondo sentido do espectáculo e aproveitando ao máximo non só os famosos arcos do areal ribadense, senón tamén os recunchos que lle ofrece ao visitante.

A intención descríbea o autor do libro, Manglano, indicando que a misa é para el "una experiencia, como lo es entrar en un estadio de fútbol, formar parte de una orquesta, hacer puenting, ser padre o darse el primer beso. A esta experiencia litúrgica se accede con el corazón abierto: a los que se acercan desde la afectividad les resulta más fácil descubrir el lenguaje de amor presente en cada segundo de este viejo oficio", e pensa que lugares tan espectaculares como As Catedrais reforzarán a súa idea.

Comentarios