O IES Illa de Sarón amplía as saídas laborais do seu ciclo superior de moldeamento

O curso ten cada vez máis encaixe profesional no entorno pois aparte da demanda de Alcoa, adecúase ás necesidades das industrias navais ou eólica

Alumnos del ciclo de metales del IES Illa de Sarón. AEP
photo_camera Alumnos del ciclo de metales del IES Illa de Sarón. AEP

O IES Illa de Sarón de Xove ten aberta ata final de mes a matrícula para o seu Ciclo de Formación Profesional en Programación da Produción en Moldeamento de Metais e Polímeros, que ademáis de ter formación práctica en Alcoa San Cibrao durante un mes cada un dos dous anos, tamén conta con prácticas noutros centros de traballo ao finalizar o ciclo. Actualmente, hai cada vez máis demanda de profesionais da fibra en empresas do sector eólico e naval.

Un dos atractivos deste ciclo é a ampliación das saídas profesionais en diferentes industrias e a flexibilidade que teñen os alumnos para cursalo. O equipo que dirixe Sara Jul resalta a alta cualificación que aporta este ciclo superior, con módulos presenciais aos que acceden incluso rapazas e rapaces que están traballando pero desexan unha maior especialización. "Cada módulo ten unha habilitación profesional e acreditamos cada un; non se necesita superar todo o ciclo para iso", indica Jul. 

O IES Illa de Sarón conta con moderna maquinaria para impartir a programación e os moldeamentos pechados e abertos en fibra e fibra de carbono, ademais dos metais. O equipamento inclúe as impresoras 3D e os alumnos do IES de Xove levan participado na programación e fabricación de partes para drons (nunha colaboración co IES As Mercedes de Lugo), modelos de palas eólicas, embarcacións e incluso repararon e volveron poñer a navegar un barquiño que cruzou o Atlántico dende Canadá nunha experiencia tecnolóxica con geolocalización. 

A interpretación gráfica e os proxectos de programación da producion en moldeamento de matáis e polímeros abranguen moitos campos e, como exemplos dos traballos desenvolvidos destacan os de fabricación de capós e partes de alta tecnoloxía para vehículos, un xogo de bolos para os practicantes do deporte en Xove ou partes para o robot Novi 4.0 que se puido ver na feira Innova FP Galicia e no que o IES Illa de Sarón participou xunto con outros centros. 

Comentarios