jesús álvaro ramil

"Hoxe nos barcos consúmese pouco alcol, e o que máis compran é tabaco e refrescos"

O gerente de Entrepot Celeiro leva toda a vida vencellado ao mar, aínda que é mestre industrial electricista 
Generated by  IJG JPEG Library
photo_camera Jesús Álvaro Ramil

A firma Entrepot Celeiro dedícase á venda de produtos libres de impostos, como tabaco, alcohol, refrescos e incluso obxectos navais. Pode subministrar a todos os asociados do porto celeirés dende aparellos ata bebidas e alimentación, aínda que está máis enfocada aos produtos de boca, pois a empresa matriz conta con outra firma, Serval, especializada en efectos navais, segundo o seu xerente, Jesús Álvaro Ramil.

Ao centrarse nos comestibles, subministra moito equipamento?

Se hai que incluír unha peza para facer a exención do imposto, tamén se pode, documentándoa, A actividade desta empresa está regulada no código aduaneiro e na lei de impostos especiais. Non podemos facer nada sen autorización de Aduanas, todo canto entra e sae do almacén témolo que poñer no seu coñecemento. Xestionamos tres depósitos: o aduaneiro, para produtos libres de impostos: aranceis, Ive e impostos especiais; un fiscal, para documentar produtos libres de impostos especiais, e outro, para incluír a mercancía e facer a exención do IVE.

Parece que está todo moi controlado.

Está todo delimitado, pero independente dentro do mesmo local, sepárase nun habitáculo para cada depósito. Toda a documentación é telemática, porque o regula todo Aduanas, que depende da Axencia Tributaria. Toda a nosa actividade está controlada por Aduanas de Ribadeo e Impostos Especiais de Lugo. Temos unha colaboración estreita co administrador da Aduana, Javier Abellán Torralba, que é un gran profesional, que colabora moito con nós.

De onde se abastecen?

Subminístranos un depósito aduaneiro e fiscal que está na Zona Franca de Vigo, a maioría dos produtos veñen de fóra, de países comunitarios. A medida que os vendo vou pedindo mercancía a Vigo, ao depósito fiscal ou aduaneiro, vén en camión, pasa pola Aduana de Ribadeo, dálle o visto bo e chega ao noso depósito. Todos os meses hai que comunicar as existencias, o que entra e sae, e hai en stock telematicamente á Axencia Tributaria.

Pode solicitalos calquera asociado do porto?

Este negocio é só para as embarcacións de altura, teñen que botar máis de 48 horas no mar. Toda a mercadoría está regulada e calculada, tanto o tabaco como o alcol, hai que aplicarlle unha fórmula para que dea a proporción. Faise unha solicitude de provisións, e envíase á Aduana, que é a que autoriza. Non se pode facer nada sen ese permiso. A mercadoría que sae tamén hai que documentala e a diferenza ten que estar no almacén, hai inspeccións periódicas por parte de axentes de Aduanas e de Impostos Especiais, e de aí vén o correcto funcionamento.

E están totalmente libres de impostos?

Non teñen ningún imposto, ao introducilos nos correspondentes depósitos faise a exención. O canal vén exento por iso, está todo fiscalizado. Hai que presentar solicitudes para que autoricen os depósitos, ter unha serie de medidas de seguridade, uns requisitos que hoxe end ía son importantes.

Consúmese moito alcol ou que é o que ten máis demanda?

Está permitido o consumo de alcol en cantidades normais, pero hoxe consúmese pouco a bordo. O que máis compran é tabaco e refrescos, debido a que nas tripulacións hai moitos indonesios e peruanos, que toman principalmente bebidas refrescantes e aínda fuman ben. Diso é do que hai máis pedidos, porque temos Serval, outra filial do grupo, a empresa ocúpase dos pertrechos.

Hai moita diferenza nos prezos cos do mercado?

Os prezos indudablemente teñen moita diferenza para quen van embarcados respecto aos que se poden comprar en terra, que teñen impostos, xa que están exentos. Cada ano suben algo os prezos dos produtos.

Son só para consumir no barco ou poden sacarse fóra?

É un servizo máis que se dá á frota asociada, que é exclusivamente para consumir a bordo, polo que non se pode sacar absolutamente nada do barco. Vai calculado por número de tripulantes e días de navegación. Hai un responsable a bordo, pode ser mariñeiro ou patrón, que se encarga de compoñer a relación, pero a autorización ten que firmala o armador.

Xera adicións ao ser máis económico?

Non xera adicións, o consumo é o normal, hai conciencia e o comportamiento é normal, saben que fumar é malo, e o consumo de alcol é moi baixo, máis ben toman refrescos.

Consúmese máis agora que cando botaron a andar?

Non existe moita variación, agás nos produtos, porque cambiaron as nacionalidades, pero a cantidade é máis ou menos a mesma. Cada ano suben os produtos, pero a cantidade é máis menos a mesma.

Veñen buscar os produtos ou lévanllelos vostedes?

Aos barcos abastecémolos nós coa mercadoría que pediron anteriormente. Se rompe unha botella hai que deixar o precinto para que o vexa o inspector, faise un escrito e dase de baixa no almacén. Traballamos con programas de xestión aceptados por Aduanas. Todo está controlado, é importante que sexa así pola miña tranquilidade, que son o responsable da xestión.

Como é a relación con Aduanas?

Levo 20 anos e a colaboración e información do profesional que temos na Aduana é excelente, estou contentísimo co administrador, porque isto é complexo, sen o seu apoio sería máis difícil de levar.

"A xente do mar cando vén un temporal agárrase ao que sexa, rézase con salvavidas ou sen el"

Volvería ao mar?

Non me disgustaba o mar. Andei un ano nun barco de cerco e outro nun de arrastre, de segundo motorista, no Bajamar.

Aquí son devotos do Ecce Homo.

A patroa é a virxe do Carme, pero moita xente do porto ten fe ao Ecce Homo, é unha tradición. A xente do mar cando vén un temporal agárrase ao que sexa.

E ao salvavidas tamén...

Rézase con salvavidas ou sen el.

E tamén está na Semana Santa.

Ao nacer na Ribeira iamos á igrexa de San Francisco. Estou na VOT dende hai 40 anos e pertenzo ao Prendimiento, Dende cativo levo imaxes, teño levado unha en cada procesión, logo falabamos e comiamos. Mentras haxa relevo, Viveiro terá Semana Santa, cando non haxa isto pegará un baixón. Cando cobraban por portar as imaxes non había liquidez, ou se facía por amor ou non se facía.

Comentarios