MARÍA JOSÉ CORTÉS

"O Hospital da Mariña está preparado para que esta situación se prolongue"

A xerente executiva do hospital da mariña ve asumible polo momento a carga de traballo 
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
AppleMark
photo_camera María José Cortés, en una imagen de archivo. JOSÉ Mª ÁLVEZ

Están sendo días duros nos hospitais e o Hospital Público da Mariña non é alleo a esta realidade, aínda que polo momento a carga asistencia é asumible. Con catro pacientes de Covid-19 ingresados na Unidade de Coidados Intensivos (Uci) e outros 16 na planta, segundo o último parte facilitado polos Sergas, e uns trinta profesionais afectados, o hospital estívose preparando para convivir co virus durante as vindeiras semanas.

Como se reorganizou o hospital para atender os casos de pacientes con coronavirus?

O hospital está preparado para que esta situación se prolongue certo tempo, porque de momento levamos poucas semanas con casos positivos pero a medida que avancen os días pódese dar calquera casuística. En Urxencias habilitáronse dous circuítos de asistencia: un para os casos sospeitosos de coronavirus e outro para o resto; unha planta está habilitada para os pacientes de Covid e temos en previsión poder habilitar outra ou unha parte se fora necesario; na Uci tamén hai unha parte preparada para os pacientes de virus e outra para o resto, e tamén con previsión de que se poida ampliar; nos quirófanos tamén se habilitaron dous circuítos para poder atender casos de coronavirus porque pódese dar que un paciente infectado poida ter que ser sometido a unha operación cirúrxica; e tamén hai un paritorio para atender un posible parto dunha paciente infectada.

Cal é a carga asistencial destes pacientes agora mesmo?

O ritmo de ingresos é constante, non está disparado polo que contamos cunha pendente asumible. O efecto do confinamento está sendo eficaz, aínda que é moi cedo para poder sacar conclusións. Vendo a progresión das curvas noutras comunidades autónomas que rexistraron casos antes ca nós, esperamos que entre esta semana e a vindeira sexa o pico de casos.

Os ingresos por esta doenza adoitan ser longos.

Si, tanto nas Ucis coma en planta os ingresos son prolongados e, aínda que o número de casos vaia remitindo, nos hospitais a carga de traballo vai ser importante.

Como funciona o resto da actividade do centro?

O hospital ten que ofrecer servizos a todos os pacientes e non se pode descoidar a asistencia de ninguén, pero é certo que as áreas de consultas externas e de probas están traballando só cos casos que son máis urxentes.

Tamén houbo unha reorganización do persoal?

Si, o persoal de consultas e de probas foi asignado a outras áreas e nalgúns departamentos estanse organizando por turnos para non coincidir moitos ao mesmo tempo. Para substituír a aquelas persoas que teñen que estar na casa en corentena contratouse persoal. Todos os traballadores están colaborando moi ben e o traballo faise con axilidade.

Que mensaxe lles envía aos mariñáns neste momento?

Que cumpran coas normas do confinamento, porque aínda que nos custa a todos é moi importante non manter contacto entre nós e que extremen as medidas de hixiene.

Comentarios