Herminia Iravedra cumpre cen anos na Pontenova

Celebrouno este domingo xunto á súa familia
Herminia Iravedra. EP
photo_camera Herminia Iravedra. EP

A pontenovesa Herminia Iravedra Iravedra cumpre este luns cen anos e xa tivo oportunidade de celebralo o domingo acompañada da súa familia e xunto aos seus netos Tamara e Iván, na súa casa da parroquia de Acebro.

O alcalde da Pontenova, Darío Campos, e a concelleira de Servizos Sociais, Isabel Couto, aproveitaron esta pequena celebración para felicitala e agasallala cun ramo de flores e unha torta de aniversario nesta data tan sinalada para Herminia.

Comentarios