martes. 15.06.2021 |
El tiempo
martes. 15.06.2021
El tiempo

A herdanza do doutor Moreda para o asilo de Ribadeo supera os 831.000 euros

Fernando Suárez. AEP
Fernando Suárez. AEP

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, sinalou sobre a comisión informativa celebrada este luns para dar conta da herdanza de Francisco Moreda Pérez que este terá un recoñecemento público pois "quixo que os aforros e bens coseguidos na súa vida servisen para mellorar e facer un entorno mais agradable na vida doutros moitos veciños e veciñas que un día foron del, a través da mellora do Hospital-Asilo". 

"O investimento a realizar nas obras de mellora nesas instalacións ascenderán a 1,5 millóns de euros. Aínda que as cifras da herdanza son importantes non son dabondas para cubrir o custe desta reforma", sinalaron desde o consistorio. 

Asimesmo, sinalan que o legado de Francisco Moreda inclúe un piso na rúa Reinante, taxado en 210.000 euros para o continente e 30.000 para o contido; e diñeiro e produtos financieiros, estimados a día de hoxe en 591.000 euros; aínda que o Concello presentou un preito xudicial contra o banco pola diferenza de valor entre o momento en que o Concello aceptou a herdanza e o momento en que o banco os puxo a disposición do Concello. Francisco Moreda tamén legou o seu coche, que foi entregado xa á congregación relixiosa que xestiona o Hospital Asilo. 

A herdanza do doutor Moreda para o asilo de Ribadeo supera os...
Comentarios