Miércoles. 20.02.2019 |
El tiempo
Miércoles. 20.02.2019
El tiempo

Demandan un menú vexetariano na cea de coroación da raíña do Carnaval de Foz

Menú vegano ofrecido o ano pasado na cea de coroación da raíña do Entroido de Foz. EP
Menú vegano ofrecido o ano pasado na cea de coroación da raíña do Entroido de Foz. EP

Aseguran que o ano pasado se incluíu esta alternativa e solicitan ao Concello que volva ofrecer esta opción, que xa se mostrou "viable"

Un grupo de asistentes habituais á cea de coroación da raíña do Entroido de Foz vén de denunciar a eliminación da opción vegana do menú deste ano. 

Segundo expón este colectivo nun comunicado, na anterior edición da cea o Concello de Foz ofreceu un menú sen glute, peixe, carne nin derivados para quen estivese interesado. "Agradeceuse á organización que mostrara, daquela, gran interese en ofrecer esta alternativa da maneira máis satisfactoria posible, para que todos puideramos disfrutar do primeiro evento carnavaleiro do ano", explican. 

Pese a que –aseguran– "quedou demostrado que era unha opción viable", este ano a organización decidiu non ofertar ningunha alternativa ao menú principal. "Veganos, vexetarianos ou persoas que, por razóns de saúde ou limitacións [...] terán que quedar na casa o sábado 16 de febreiro. Iso, ou pagar os 25 euros para asistir quedando sen cear", critica o colectivo, que considera que a decisión supón "un clarísimo paso atrás".

Segundo lembran, o menú do ano pasado –na foto–, incluía ensalada de aguacate e froitos secos, garavanzos con espinacas e macedonia, e "era apto para celíacos, veganos, vexetarianos, musulmáns e calquera outra persoa que, polas razóns de saúde, éticas, morais ou persoais que foran, preferise contar con outra alternativa nun evento que é organizado por un Concello do que formamos parte todos e todas", censuran.

Os afectados valoran o xesto do ano pasado como "unha sinal de avance, de civismo" e pregúntanse "a que se debe o retroceso" desta edición. "Pedimos ao Concello que aclare se na cea de coronación da raíña do Entroido haberá algunha opción para veganos, vexetarianos, celíacos ou calquera outra persoa que precise unha alternativa", demandan. 

Demandan un menú vexetariano na cea de coroación da raíña do...
Comentarios