Un gandeiro da Pontenova custodia cabalos de monte que danaban fincas

Cinco foron capturados a semana pasada e este sábado colléronse varios máis
Dos caballos en un monte. ARCHIVO
photo_camera Dos caballos en un monte. ARCHIVO

Un veciño de Neipín (A Pontenova) custodia varias reses equinas de monte por orde do Concello. Cinco foron capturadas a semana pasada e o sábado colleron outras tres ou catro que estaban a causar danos en fincas de Conforto, segundo o alcalde, Darío Campos, quen indicou que é a primeira vez que pasa algo así no seu concello.

Os animais están sendo coidados nun lugar cuberto e este luns comunícarase á Xunta para ver se decide que os leven ao matadoiro, facer unha subasta ou gardalos noutro sitio. O dono pode reclamalos no concello chamando aos números 982.34.22.77 ou 662.52.33.52.

Comentarios