lunes. 18.01.2021 |
El tiempo
lunes. 18.01.2021
El tiempo

Galipizza implanta os pedidos e pago online a través da súa páxina web

Clientes no restaurante Galipizza de Viveiro. JOSÉ Mª ÁLVEZ (AMA)
Clientes no restaurante Galipizza de Viveiro. JOSÉ Mª ÁLVEZ (AMA)

Para os restaurantes de Viveiro e Ribadeo xa se poden facer por internet os encargos e habilitarase o pagamento a vindeira semana

VIVEIRO. A empresa Galipizza vén de converterse na primeira destas características da comarca en ofrecer aos seus clientes a posibilidade de facer os pedidos a domicilio totalmente online a través da súa páxina web, tanto a elección dos pratos a degustar coma o pago, unha opción, esta última, que estará dispoñible para os restaurantes de Viveiro e Ribadeo en próximos días.

O xerente, José Manuel Vázquez, Leman, explica que comezaron polos locais da cadea nas cidades máis grandes hai cousa dun mes «para ir probando» e esta semana implantárono tamén para os restaurantes de Viveiro e Ribadeo, aos que xa se poden facer pedidos a través da súa web e para os que incorporarán tamén o pago online nesta próxima semana.

«Hoxe cada vez a xente fai máis xestións por internet», comenta o propietario, quen recoñece que é «unha comodidade» tanto para os usuarios, que poden facer os pedidos a través do móbil ou do ordenador sen ter que chamar por teléfono ao local, como para o restaurante mesmo, xa que se axiliza a actividade e ademais «os repartidores non teñen que andar con tantos cartos». Vázquez comenta que, a pesares de que levan pouco tempo con este sistema en funcionamento, xa foron «bastantes» os pedidos realizados.

«Adaptarse aos tempos» é unha das máximas desta empresa, que se caracteriza tamén pola busca da novidade. «Agora os luns temos unha especie de rosca coa mesma masa que usamos para os "fardiños", feita con auga de mar», avanza Leman. Entre as últimas incorporacións á carta están o "bocadillo de autor" recoñecido como o segundo mellor de España en Madrid Fusión, hamburguesas de cachena, wagyu e vegana, ou a galipizza "terra e mar".

Galipizza implanta os pedidos e pago online a través da súa páxina web
Comentarios