Miércoles. 22.05.2019 |
El tiempo
Miércoles. 22.05.2019
El tiempo

Francisco Cajoto: "No cine só vexo pelis de debuxos animados"

Francisco Cajoto Caserío, cabeza de lista del PSOE en Foz. JOSÉ Mª ÁLVEZ
Francisco Cajoto Caserío, cabeza de lista del PSOE en Foz. JOSÉ Mª ÁLVEZ

Unha nova cara da política mariñá confía en lograr un "goberno progresista" en Foz

ESTE ENXEÑEIRO Entra en política con forza e confía en facer efectiva a súa consigna de que "Foz é de esquerdas" polo que sae a gañar liderando un proxecto "no que están todos os afiliados ao PSOE" e non que cre que haberá liñas vermellas para lograr "un goberno progresista".

Como bo afeccionado ao debuxo, como pinta o panorama político de Foz despois do 26-M?

Eu o que vexo é moita ilusión con nós, xa dende o primeiro momento coa nosa candidatura, de xente preparada, que nos está levando case en bolandas e nótanse na xente as gañas de cambio e o resultado das eleccións xerais tamén axuda e a xente nos relaciona coa forza que poda traer ese cambio.

De feito, xa hai algúns que falan de vostede como o Pedro Sánchez da Mariña. (Risas).

O que me gustaría que me dixeran é que son o Pedro Sánchez da Mariña polas medidas sociais como as que el tomou.

Como lle contou ás nenas que ía entrar en política, porque aínda son pequenas?

Xa son rapaciñas, pois a pequena ten sete anos e dez a maior. Enténdeno, aínda que lles causa sorpresa que seu pai estea nos carteis; eu o que intento é protexelas porque nas vilas pequenas aínda hai críticas, porque se non eres dun bando eres doutro, e si que me preocupa que sufran por iso.

Cando foi a última vez que foi ao cine con elas?

Mes e medio ou dous; hai moito máis que non vou ver unha pelícila que non sexa de debuxos animados.

Pero seguro que está subscrito a algunha plataforma. Segue algunha serie?

Gústame Juegos de Tronos.

Vivindo só e fóra de Foz como ata agora, que tal amo de casa é?

Pois teño que selo. Amáñome, porque non queda outra, pero teño que recoñecer que hai tarefas que me gustan máis que outras.

E na cociña?

Non me gusta cociñar, gústame máis comer, pero fago os meus pinitos para sobrevivir. Moito tempo no coche, creo que ‘panzada’ de viaxes de Sevilla a Foz. Paso moitas horas no coche, si, pero son neto de taxista así que levo no sangue eso de conducir.

Nesas viaxes: música ou radio?

Son máis de radio, pero tamén é verdade que cando estás volcado cos problemas do pobo tamén te preocupas máis polos problemas nacionais e por iso escoito a radio; en música, teño que decir que son máis de rock e pop-rock inglés.

Vivenda propia ou aluguer?

Temos unha vivenda propia nun sitio marabilloso, un dos mellores para vivir de toda A Mariña, que é o barrio de Lousada, en Fazouro, que é un sitio tranquilo cunhas estupendas vistas. Temos unha hipoteca, da que nos queda menos da metade por pagar, porque por sorte sempre estiven traballando aínda que a crise me obrigou a desprazarme fóra de Galicia, que era o que non quería facer.

Francisco Cajoto: "No cine só vexo pelis de debuxos animados"
Comentarios