viernes. 19.07.2019 |
El tiempo
viernes. 19.07.2019
El tiempo

Foz dispón agora dunha pantalla que mostra a información meteorolóxica

Cajoto, coa pantalla. AMA
Cajoto, coa pantalla. AMA

Está na Rúa Valle Inclán e informará tamén da temperatura da auga ou do estado das ondas

Fran Cajoto, o alcalde de Foz, supervisou o martes a colocación e a posta en funcionamento dunha pantalla que ofrecerá a información do tempo da vila aos viandantes. Este punto de información foi facilitado pola Xunta de Galicia e dentro do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020. Con esta novidade espérase transmitir unha información que é de interese xeral para a poboación.

A pantalla foi colocada na rúa Valle Inclán, que serve de baixada ao porto de Foz. Nela ofrecerase un amplo espectro de datos informativos de carácter meteorolóxico proporcionados por Meteogalicia tales como a calidade do aire, a temperatura da auga, o estado das ondas e das mareas e a duración das horas de luz dos días. Tamén poderá empregarse, no caso de ser necesario, para comunicar avisos sobre fenómenos meteorolóxicos adversos.

VOLUMINOSOS. Durante o mes de agosto non se levará a cabo a recollida a domicilio de residuos voluminosos, especiais e aparellos electrónicos e eléctricos. En xullo a recolección será o día 11 nas parroquias de Cordido, Cangas, Nois e Fazouro. O día 18 en San Acisclo, Santa Cecilia, San Martiño e Villaronte. E o 24 de xullo levarase a cabo dentro do casco urbano de Foz. Os residuos deben depositarse no exterior e ao carón dos colectores o día antes da recollida, previamente solicitada na Delegación do Medio Ambiente e a través do teléfono 982123159.

Recórdase que está prohibido o abandono de mobles e aparatos na vía pública excepto os solicitados. As multas poden ir dende 60 euros ata os douscentos cincuenta se se trata de obxectos perigosos.

Foz dispón agora dunha pantalla que mostra a información meteorolóxica
Comentarios