"Fixemos moitas obras de servizos e queda o polígono"

Jorge Val resalta reformas en traídas, saneamentos e iluminación

 

Jorge Val, alcalde de Alfoz. AMA
photo_camera Jorge Val, alcalde de Alfoz. AMA

JORGE VAL, mandatario de Alfoz, considera que nos últimos anos o goberno municipal atendeu as necesidades prioritarias nos servizos esenciais do concello, tales como a recollida de lixo, traídas de agua, saneamentos, asfaltado de camiños, e outras obras, sen olvidar as xestións para o proxecto dun polígono industrial.

O rexedor alfocense comentou que en moitos núcleos do concello houbo que renovar a iluminación e pór luces en moitos sitios onde non as había. "Foron actuacións que beneficiaron aos veciños e que pensamos seguir completando. Tamén se deu solución aos problemas da traída de augas noutros lugares. Había moitas fugas e o sistema de depuración presentaba problemas. Por iso resolvimos os escapes e cambiamos as bombas e o filtrado, xa que en moitas ocasións se nos avisaba de deficiencias por parte de Sanidade", engadiu o rexedor.

O alcalde de Alfoz manifestou que as obras citadas e diversos pagos pendentes "foron posibles grazas a que o goberno logrou facer fronte á intervención que había dende o Estado por ter unha débeda de 400.000 euros dun préstamo. Grazas a unha boa xestión e axudas doutras administracións, logramos desbloquear a situación municipal, para afrontar débedas e sacar adiante varios proyectos", explica.

Jorge Val fixo tamén repaso dos proxectos que están en xestión. "Xa non dará tempo neste mandato, pero a nosa intención era rexenerar a iluminación do campo de fútbol, tanto dos báculos, que están inestables e son un perigo, como colocar as luminarias. Todo está presupuestado nuns 90.000 euros, cantidade que teremos que asumir entre o Concello e outra administración, xa que son moitos cartos", explicou.

Outro dos temas pendentes é o desenvolvemento dun Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). "Permitirá ter unhas directrices sobre a distribución do municipio a todos os niveis e determinar as área de expansión das construccións de todo tipo, entre elas as industriais".

Para o rexedor, "unha das actuacións prioritarias é crear un polígono industrial. Hai bastante demanda e incluso sabemos que tanto xente de Alfoz como dos arredores, precisan unha expansión das súas industrias. Demandan terreos, a bos prezos, para levantar novas naves. Do contrario, a xente collerá e irá a outros concellos", subliñou.

Jorge Val non se esquece de que unha das vías de entrada de cartos para Alfoz é o turismo. "Dende hai anos tratamos de promover os sendeiros polos que transitan os visitantes e sinalizar os lugares emblemáticos", precisou..

Comentarios