Finou aos 84 anos Juan José Palmeiro, un dos supervivintes da galerna de 1961

Era un coñecido mariñeiro que empezou moi cedo a traballar no mar. Tras pasar por varias embarcacións, exerceu tamén de patrón nalgunhas delas

O señor Juan José Palmeiro Fernández finou aos 84 anos de idade, o pasado día 11 de decembro. Era un coñecido mariñeiro que empezou moi cedo a traballar no mar. Tras pasar por varias embarcacións, exerceu tamén de patrón nalgunhas delas. Ademais, foi un dos supervivintes da galerna de 1961.

A súa familia agradece a asistencia ao funeral que terá lugar este xoves, día 13, ás cinco da tarde. A comitiva sairá do tanatorio de Alianza y Barros, ata o cemiterio de Celeiro, en Viveiro. A misa celebrarase na igrexa parroquial de Santiago de Celeiro.

Más en A Mariña
Comentarios