Ferida leve unha persoa nunha colisión no cruce de Landrove hacia Galdo

O accidente de circulación aconteceu cando un vehículo saía para incorporarse á estrada xeral autonómica e non viu a outro que circulaba por ela

Unha persoa resultou ferida leve este mércores cara as dúas e media da tarde nunha colisión frontolateral acaecida en Landrove, no cruce da estrada LU-540 coa vía que conecta con Galdo. O accidente de circulación aconteceu cando un vehículo saía para incorporarse á estrada xeral autonómica e non viu a outro que circulaba por ela, polo que colisionaron.

O percance foi no punto quilométrico 4,100. O 112 recibiu unha chamada alertando da colisión e movilizou a Protección Civil, á Garda Civil, e a unha ambulancia do servicio médico 061, que foi a encargada de desplazar á persoa ferida ata o Punto de Atención Continuada (PAC) de Viveiro á fin de facerlle un recoñecemento e descartar lesións maiores.